Wikipedia:Efemérides destacadas/28 de xuño
Aparencia
- 1389, forzas otomás arrasan os exércitos da Europa cristiá en Kosovo, abrindo camiño para a conquista otomá do sueste europeo.
- 1914, Francisco Fernando, herdeiro do trono austro-húngaro, é asasinado en Saraxevo por Gavrilo Princip, o que desencadeará a Primeira Guerra Mundial un mes despois.
- 1931, nas Eleccións a Cortes Constituíntes en Galicia a ORGA, que concorría baixo as siglas da FRG, resultou a forza vencedora con 14 escanos.
- 1936, celébrase o plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.
- 1969, clientes do bar Stonewall Inn de Nova York, voltado para o público homosexual e transexual, fan fronte á acción policial alí ocorrida, desencadeando dous días de protestas que culminaron na marcha do 1 de xullo de 1970.
- 1984, trasládase a Galicia entre polémicas e violencia os restos de Castelao, para o seu enterramento en Bonaval.
Hoxe celébrase o Día do Orgullo Gai (imaxe da bandeira).