Wikipedia:Efemérides destacadas/23 de agosto
Aparencia
- 1305, falece executado William Wallace (na imaxe), líder da resistencia escocesa contra Inglaterra na guerra da independencia escocesa.
- 1591, falece Luis de León, profesor, teólogo e poeta español.
- 1914, Xapón únese ó bando aliado na Primeira Guerra Mundial e declara a guerra a Alemaña.
- 1923, fúndase o Real Club Celta de Vigo, trala fusión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo.
- 1926, morre Francisco Ponte Blanco, enxeñeiro e escritor galego.
- 1927, os anarquistas italo-americanos Nicola Sacco e Bartolomeo Vanzetti son executados na cadeira eléctrica.
Hoxe é o Día Internacional para a lembranza do comercio de escravos e a súa abolición.