Wikipedia:Efemérides destacadas/20 de maio
Aparencia
- 1506, morre Cristovo Colón (na imaxe), explorador e navegante que descubriu América (n. 1451).
- 1903, morre Marcial Valladares Núñez, escritor galego, autor do Diccionario gallego-castellano, con 11.000 vocablos que recolleu entre 1850 e 1884 (n. 1821).
- 1908, nace en Indiana (Pensilvania) o actor James Stewart (m. 1997).
- 2002, Xanana Gusmão convértese no primeiro presidente de Timor Leste tras a independencia.
- 2007, morre Stanley Lloyd Miller, químico e biólogo estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a orixe da vida (n. 1930).