Saltar ao contido

Wikipedia:Concurso de edición da USC/Edición III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
III Concurso de Edición da Galipedia
OrganizadorChairego_apc
Comezo16-04-2026
Remate20-09-2026
Status
engadíronse
0
kilobytes
engadíronse
0
palabras
creáronse
0
artigos
engadíronse
0
referencias
engadíronse
0
imaxes

A Universidade de Santiago de Compostela convocou, a través das comisións de normalización lingüística das Facultade de Matemáticas, da Facultade de Psicoloxía, da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, da Escola de Enfermaría, da Facultade de Humanidades, da Facultade de Dereito e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, o III Concurso de Edición da Galipedia, dirixido a toda a comunidade universitaria co obxecto de promover a produción e a difusión de artigos de calidade contrastada da Wikipedia en galego. Velaquí a convocatoria.

Para participar no concurso cómpre inscribirse antes do 10 de maio de 2026. Teranse en conta as edicións feitas dende o 16 de abril ata o día 20 de setembro, xa sexan creando un artigo novo ou mellorando de forma significativa algún xa existente. Concederanse un total de 14 premios, 2 por cada área de coñecemento. Nesta ligazón tes máis información sobre o concurso.

Como participar

[editar a fonte]

Poderán presentarse a estes premios os membros da comunidade universitaria da USC no curso académico 2025/2026. Cómpre rexistrarse como usuario para participar no concurso. Unha vez feito, vai á sección Participantes e apúntate.

Se non tes experiencia en Wikipedia, recomendamos que revises este titorial para coñecer as pautas básicas a seguir á hora de redactar ou editar un artigo.

Podes editar artigos que che suxerimos na sección correspondente, ou ben algún outro que propoñas. Neste último caso, lembra anotalo na sección Artigos.

Tarefas

[editar a fonte]

Podes participar de dúas maneiras:

  1. Creando un artigo novo.
  2. Revisando algún que xa exista, corrixindo posibles erros nos seus contidos, ou mellorándoo a nivel ortográfico, sintáctico ou de redacción.

Duración

[editar a fonte]

O concurso esténdese dende as 00:00 h. do 16 de abril de 2025 até as 23:59 h. do 20 de setembro de 2025 (UTC).

Sistema de puntuación

[editar a fonte]

Para axudar no reconto de puntos do concurso, executarase o bot UKBot, que fará un reconto automatizado por hora e só terá en conta as páxinas listadas na sección de Artigos. Se queres que un artigo conte, debe estar ligado dende Wikipedia:Concurso de edición da USC/Edición III/Artigos.

  • 5 puntos conseguidos por crear unha páxina nova (agás redireccións).
  • 0,005 puntos por cada byte engadido.
  • 0,02 puntos por cada palabra engadida no contido (non se contabilizan modelos, táboas, etc.).
  • 1 punto por cada referencia engadida, e 0.5 puntos por cada referencia reutilizada.
  • 1 punto por cada imaxe engadida (3 puntos por cada imaxe subida), mais como máximo 10 puntos por páxina.

Os resultados que aparezan nesta páxina non serán os definitivos, á espera da revisión e resolución do xurado.

Participantes

[editar a fonte]

Para apuntarte, engade *~~~~ a continuación:

A seguinte lista é unha proposta de traballo inicial. Se queres engadir calquera outro artigo e que conten as túas achegas, modifica a páxina Wikipedia:Concurso de edición da USC/Edición III/Artigos.

Psicoloxía

Enfermaría

Enxeñaría informática (e intelixencia artificial) ou enxeñaría química (ou ambiental)

Matemáticas

Patrimonio cultural galego

Dereito

Física de partículas

Concederanse 14 premios, dous por área de coñecemento, repartidos do seguinte xeito, tendo en conta que cada persoa usuaria só pode ser premiada nunha única categoría:

A. Matemáticas. Dous premios:

  • Primeiro premio: 350 €
  • Segundo premio: 150 €

B. Psicoloxía. Dous premios:

  • Primeiro premio: 350 €
  • Segundo premio: 150 €

C. Enxeñaría informática (e intelixencia artificial) ou enxeñaría química (ou ambiental). Dous premios:

  • Primeiro premio: 350 €
  • Segundo premio: 150 €

D. Enfermaría. Dous premios:

  • Primeiro premio: 350 €
  • Segundo premio: 150 €

E. Patrimonio cultural galego. Dous premios:

  • Primeiro premio: 350 €
  • Segundo premio: 150 €

F. Dereito. Dous premios:

  • Primeiro premio: 350 €
  • Segundo premio: 150 €

G. Física de partículas. Dous premios:

  • Primeiro premio: 350 €
  • Segundo premio: 150 €

Resultados

[editar a fonte]

Información para participantes

[editar a fonte]

Axudas co galego

[editar a fonte]

Os artigos da Galipedia están en galego seguindo a normativa oficial da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.

Axudas de edición

[editar a fonte]

Para familiarizarse co funcionamento do editor gráfico da Galipedia, poden visualizarse os seguintes vídeos:

Recoméndanse as seguintes páxinas de referencia para iniciarse e resolver dúbidas:

Ferramentas

[editar a fonte]

Outros proxectos relacionados

[editar a fonte]

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outras páxinas

[editar a fonte]

<<< Evento anterior: II Concurso de edición da USC.
1/6/2025 - 20/9/2025, Universidade de Santiago de Compostela
III Concurso de edición da USC
16/4/2026 - 20/9/2026, Universidade de Santiago de Compostela.
Evento seguinte: Por determinar
Cando? Onde?