Wikipedia:Carta normalizada de notificación de incumprimento da licenza da Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Versión para persoas[editar a fonte]

Estimado <WEBMASTER>:

Escribímosche con referencia ao sitio <SITIO WEB>, no cal figuras como contacto. Algunhas páxinas do sitio, entre elas <URL>, inclúen material procedente da Wikipedia en galego (http://gl.wikipedia.org).

Como parte da comunidade da Galipedia, é a miña intención lembrarche que o material da mesma pode ser libremente redistribuído unicamente baixo os termos da licenza libre de CC-BY-SA, unha copia da cal está dispoñible en https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Texto_da_Licenza_Creative_Commons_Reco%C3%B1ecemento-CompartirIgual_3.0. A licenza CC-BY-SA (polas súas siglas en inglés) permite a produción ilimitada de copias e materiais derivados, sempre que estes:

  • permitan á súa vez a redistribución nos termos da CC-BY-SA;
  • recoñezan a autoría do texto, sexa cunha mención directa dos seus autores ou cunha ligazón á listaxe destes. No caso dos artigos da Wikipedia en lingua galega, unha ligazón á páxina orixinal exacta de onde se obtivo a información considérase suficiente.

O incumprimento das condicións constitúe unha violación dos dereitos dos autores do artigo, que están protexidos por numerosos tratados internacionais, incluíndo o Convenio de Berna. Por tanto, rogámosche que sigas estes pasos para cumprir coa normativa legal vixente:

  • ao pé de cada páxina que conteña material da Galipedia, inclúe un aviso que indique que o texto procede dun determinado artigo da enciclopedia e unha ligazón directa a este;
  • ao pé de cada páxina que conteña material da Galipedia, inclúe un aviso que indique que ese material se usou de acordo cos termos da licenza libre de documentación CC-BY-SA e que tanto a copia como a redistribución están permitidas sempre que se respecten eses termos;

Agradecemos a túa cooperación. Non dubides en poñerte en contacto connosco no caso de requirir información adicional.

<FIRMA>

Versión para entidades[editar a fonte]

Estimada <ENTIDADE>:

Escribímoslle con referencia ao sitio <SITIO WEB>, do cal son vostedes responsables. Algunhas páxinas do sitio, entre elas <URL>, inclúen material procedente da Wikipedia en galego (http://gl.wikipedia.org).

Como parte da comunidade da Galipedia, é a miña intención lembrarlles que o material da mesma pode ser libremente redistribuído unicamente baixo os termos da licenza libre de CC-BY-SA, unha copia da cal está dispoñible en https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Texto_da_Licenza_Creative_Commons_Reco%C3%B1ecemento-CompartirIgual_3.0. A licenza CC-BY-SA (polas súas siglas en inglés) permite a produción ilimitada de copias e materiais derivados, sempre que estes:

  • permitan á súa vez a redistribución nos termos da CC-BY-SA;
  • recoñezan a autoría do texto, sexa cunha mención directa dos seus autores ou cunha ligazón á listaxe destes. No caso dos artigos da Wikipedia en lingua galega, unha ligazón á páxina orixinal exacta de onde se obtivo a información considérase suficiente.

O incumprimento das condicións constitúe unha violación dos dereitos dos autores do artigo, que están protexidos por numerosos tratados internacionais, incluíndo o Convenio de Berna. Por tanto, rogámoslle que sigan estes pasos para cumprir coa normativa legal vixente:

  • ao pé de cada páxina que conteña material da Galipedia, deben incluír un aviso que indique que o texto procede dun determinado artigo da enciclopedia e unha ligazón directa a este;
  • ao pé de cada páxina que conteña material da Galipedia, deben incluír un aviso que indique que ese material se usou de acordo cos termos da licenza libre de documentación CC-BY-SA e que tanto a copia como a redistribución están permitidas sempre que se respecten eses termos;

Agradecemos a súa cooperación. Non dubiden en poñerse en contacto connosco no caso de requirir información adicional.

<FIRMA>