Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Salto de esquí
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Salto de esquí[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 02-09-2014 - 02-10-2014
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 2 de setembro de 2014 ás 20:07 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 02-09-2014 ata o 02-10-2014.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Propoño de novo o artigo. É unha tradución do homónimo da Wikipedia en portugués (onde é de calidade), mais con ampliacións doutras Wikipedias e actualizado coa recente participación feminina na modalidade. Xa foi escollido para sair na portada, e durante esa votación foi revisado, polo que creo que xa non ten os problemas ortográficos que puidera ter na primeira proposta, ou son canto menos moitos menos. Ten moitas referencias, bibliografía, ligazóns externas e internas (desgraciadamente moitas destas en vermello), moitas imaxes que ilustran o artigo, creo que é doado de entender, e penso que está ben estruturado. Piquito (conversa) 2 de setembro de 2014 ás 19:42 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo--Miguelferig (conversa) 4 de setembro de 2014 ás 19:51 (UTC)[responder]
- Concordo--Joao Xavier (conversa) 5 de setembro de 2014 ás 15:16 (UTC)[responder]
- Concordo--AMPERIO (conversa) 7 de setembro de 2014 ás 20:09 (UTC)[responder]
- Concordo--Breogan2008 (conversa) 11 de setembro de 2014 ás 10:02 (UTC)[responder]
- Concordo--Chairego_apc (si?) 11 de setembro de 2014 ás 00:57 (UTC)[responder]
- Concordo--Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2014 ás 23:08 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Agardar
- Comentarios
- Como sempre, ao ser un artigo propio non emito ningún voto. Piquito (conversa) 2 de setembro de 2014 ás 19:42 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Salto de esquí[editar a fonte]
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 11-02-2014 - 13-03-2014
SI: 0 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 17:51 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 11-02-2014 ata o 13-03-2014.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo traducido do homónimo da Wikipedia en portugués (onde é artigo de calidade), e ampliado con información da Wikipedia en inglés e algo da Wikipedia en alemán. Creo que é un artigo completo, non demasiado técnico (doado de entender), ten moitas referencias, bibliografía, ligazóns externas, está amplamente ilustrado. Artigo sobre un deporte sen tradición nin práctica en Galiza, temos artigos sobre clubs deportivos pero ningún sobre disciplinas deportivas. --Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 17:51 (UTC)[responder]
- A favor
- En contra
- Neutros
- Agardar
- Agardar. Habería que revisar antes a ortografía do artigo. Pasei o revisor e saen moitos direita e palabras mal traducidas ou que directamente están en portugués --AMPERIO (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 18:12 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Non estaría mal que alguén con máis coñecementos de lingua ca min revisara a ortografía do artigo para solventar posibles (e provables) erros de lingua. Hai unhas poucas ligazóns mortas que eu non sei cómo indicar nas referencias (serán unhas 4 ou 5), se alguén mo pode indicar ou arranxar se agradece. E como sempre, todo o que se vos ocorra que poda mellorar o artigo será benvido e farei o posible por solucionalo. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 17:51 (UTC)[responder]
- A min o corrector non me marcou ningún erro, terei que revisalo con calma, seguramente se me pasaron varios erros. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 18:15 (UTC)[responder]
- Semella que xa funciona o corrector da Galipedia, neste artigo non marca nada en vermello, mais non sei se é porque está todo ben ou porque neste artigo concreto non funciona. Eu non vin erros, mais sempre se me pode pasar algo. Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 10:02 (UTC)[responder]
- A min sigue sen funcionarme o corrector. Pero de todos modos segue habendo bastantes palabras en portugués (três...)--AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 16:36 (UTC)[responder]
- Semella que xa funciona o corrector da Galipedia, neste artigo non marca nada en vermello, mais non sei se é porque está todo ben ou porque neste artigo concreto non funciona. Eu non vin erros, mais sempre se me pode pasar algo. Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 10:02 (UTC)[responder]
- Revisei a ortografía de todo o artigo e creo que xa está, de todos xeitos sería mellor que outra persoa o revisara outra vez por se se me escapou algo ou por revisar os posibles erros que eu cometa (que seguramente algún haxa). Creo que xa non queda ningunha palabra en portugués, de feito revisei ata os "thumb", "direita" e os pasei a "miniatura" nas fotos. Tamén revisei erros ortográficos nas referencias (agora vou procurar algunha das ligazóns mortas que hai). Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2014 ás 13:59 (UTC)[responder]
- Comentario. Revisei todas as referencias e xa se pode acceder a elas, hai dúas que non sei se son ligazóns mortas a arquivos de xornais que están na sección de récords nacionais (Islandia e Groenlandia, referencias 43 e 52), non sei se alguén controla deste tipo de páxinas, as 76 referencias restantes están todas en orden. Tamén engadín unha referencia á primeira campiona olímpica da modalidade, así como ás outras dúas medallistas de Sochi 2014. Un saúdo, Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2014 ás 16:33 (UTC)[responder]