Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Historia do Ilves Naiset
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 30 de outubro de 2022 - 29 de novembro de 2022
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 22:04 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 30-10-2022 ata o 29-11-2022.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo propio da Galipedia elborado case por completo a partir das fontes, de feito tan só un parágrafo e medio foron traídos do artigo do equipo masculino da Wikipedia en lingua finesa, o resto é todo orixinal. Trátase dun artigo moi completo (sobre todo tendo en conta a pouca información que hai en xeral sobre o deporte feminino, especialmente na época na que o equipo empezou a competir, na que non había a conciencia que hai hoxe en día respecto do deporte feminino) sobre a historia dun dos equipos femininos de hóckey sobre xeo mái destacados de Finlandia, segundo equipo con máis campionatos e gran dominador na segunda metade das décadas de 1980 e 1990 (se ben na actualidade non está pasando polos seus mellores momentos). No equipo xogaron algunhas das xogadoras máis importantes do hóckey feminino finlandés, con varias delas integrando o salón da fama, e disputando partidos coa selección finlandesa. O artigo está amplamente referenciado (149 ao día da proposta), é extenso (máis 100 000 bytes ao día da proposta) conta cunha pequena sección bibliográfica, ligazóns a portais... Lamentablemente non hai moitas imaxes, xa que todas as que hai do equipo en Commons son da tempada pasada e a actual. Amais de ser un artigo moi completo e con méritos suficientes (ao meu entender) para ser artigo de calidade, creo que sería un bo xeito de visibilizar o deporte feminino, xa que sería o primeiro artigo de calidade sobre deporte feminino na nosa Wikipedia e ademais contariamos un artigo de calidade máis de factura propia, que non son moi frecuentes. Como sempre agradezo propostas de mellora do artigo. --Piquito (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 22:04 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 22:04 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 31 de outubro de 2022 ás 21:13 (UTC)[responder]
- Concordo.----MAGHOI (conversa) 1 de novembro de 2022 ás 17:13 (UTC)[responder]
- Concordo.----Xabade (conversa) 3 de novembro de 2022 ás 06:11 (UTC)[responder]
- Concordo.--One2 (conversa) 26 de novembro de 2022 ás 20:43 (UTC)[responder]
# Concordo. --Tisment (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 23:18 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Risco o voto de Tisment, xa que polo momento non cumpre co número mínimo de edicións para votar (ver aquí). Piquito (conversa) 30 de outubro de 2022 ás 22:25 (UTC)[responder]
- Se non entendín mal, Ilves Naiset é o nome do club. Entón, o nome non debería levar artigo determinado? Quero dicir, que debería ser Historia do Ilves Naiset, e nas frases do artigo empezar por "o Ilves" en troques de "Ilves". Igual que se di o Celta, o Deportivo, o Real Madrid, o Manchester City, o Arsenal, a Roma (dito ao estilo italiano), o Dínamo de Kiiv, etc.--Miguelferig (conversa) 31 de outubro de 2022 ás 18:25 (UTC)[responder]
- Honestamente, Miguelferig, non teño nin idea de se unha opción é correcta e a outra incorrecta ou se ambas son válidas... a min sóame raro dicir "o Ilves". Ademais hai un problema, porque "ilves" é "lince" (en singular), pero "naiset" é "mulleres" (en plural). Creo que non é incorrecto porque sería o mesmo caso que unha marca, por exemplo temos o artigo Mercedes-Benz Group, no que non se emprega o artigo (no de Opel tampouco). Nos casos de clubs de fútbol que indicas vexo unha diferença, xa que todos eles teñen no seu nome palabras como "club", "sociedade", "asociación"... pero neste caso non ten nada, o nome sempre foi Ilves a secas (engadindo "Tampereen" -de Tampere- para diferencialo doutros equipos do mesmo nome como Jämsänkosken Ilves de Jämsänkoski ou o Riihimäen Ilves de Riihimäki). Pero todo isto é a miña opinión, como te dixen non podo dicir ao 100% se é unha cousa ou a outra, creo que o mellor é que se non te convence a explicación chamemos a alguén con máis idea ca min. Graciñas, un saúdo. Piquito (conversa) 31 de outubro de 2022 ás 19:20 (UTC)[responder]
- Aclarar tamén que o nome do equipo non é realmente "Ilves Naiset" o "Naiset" engádese só para especificar que é o equipo feminino e non confundilo co equipo masculino (coñecido comunmente como Ilves, sen máis), por iso no corpo do artigo aparece sempre simplemente "Ilves". Piquito (conversa) 31 de outubro de 2022 ás 19:24 (UTC)[responder]
- Honestamente, Miguelferig, non teño nin idea de se unha opción é correcta e a outra incorrecta ou se ambas son válidas... a min sóame raro dicir "o Ilves". Ademais hai un problema, porque "ilves" é "lince" (en singular), pero "naiset" é "mulleres" (en plural). Creo que non é incorrecto porque sería o mesmo caso que unha marca, por exemplo temos o artigo Mercedes-Benz Group, no que non se emprega o artigo (no de Opel tampouco). Nos casos de clubs de fútbol que indicas vexo unha diferença, xa que todos eles teñen no seu nome palabras como "club", "sociedade", "asociación"... pero neste caso non ten nada, o nome sempre foi Ilves a secas (engadindo "Tampereen" -de Tampere- para diferencialo doutros equipos do mesmo nome como Jämsänkosken Ilves de Jämsänkoski ou o Riihimäen Ilves de Riihimäki). Pero todo isto é a miña opinión, como te dixen non podo dicir ao 100% se é unha cousa ou a outra, creo que o mellor é que se non te convence a explicación chamemos a alguén con máis idea ca min. Graciñas, un saúdo. Piquito (conversa) 31 de outubro de 2022 ás 19:20 (UTC)[responder]
- Aínda que estea en singular penso que debería levar o artigo, pero tampouco estou seguro. Habería que preguntar a quen entenda máis disto. O Celta, o Depor tamén están en singular e levan artigo, e seguen levando artigo cando van en plural (o Glasgow Rangers) e tamén con nomes de animais en singular (o Choco de Redondela) ou en plural, como os Chicago Bears (outra cousa é que pola sintaxe do inglés nese idioma se fagan frases sen artigo, pero aquí estamos a falar da sintaxe do galego non da do inglés nin do finés). E aínda que o nome das marcas ás veces se ve usada con artigo e outras veces non ("A Renault sacou un novo modelo de coche eléctrico" ou "Renault sacou un novo modelo de coche eléctrico"), o certo é que cando son equipos con nome de marca sempre levan artigo (o Bayer de Múnic, o Red Bull de Leipzig). Tamén os equipos femininos levan artigo (o Barça feminino) e supoño que Naiset tamén se podería traducir neste contexto como "feminino". De todos modos, este é un asunto relativamente menor, xa que polo demais o artigo paréceme moi completo e documentado, aínda que non é un dos meus temas favoritos ou dos que entenda moito.--Miguelferig (conversa) 31 de outubro de 2022 ás 21:13 (UTC)[responder]
- Miguelferig, non me vou entreter contestando a todo o que plantexas, non o vexo construtivo, pidamos axuda a Estevo(aei) visto que ningún dos dous ten clara a cousa, persoalmente espero que ambas opcións sexan válidas para aforrar traballo. Graciñas, Piquito (conversa) 31 de outubro de 2022 ás 22:29 (UTC)[responder]
- Neste caso coido que cumpriría seguir o formato empregado de forma habitual en artigos de equipos da NBA (véxase Chicago Bulls -> na intro pon "Os Chicago Bulls"; New Orleans Pelicans -> na intro pon "Os New Orleans Pelicans") ou da WNBA (véxase Los Angeles Sparks). Mesmo noutros artigos da Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia: a modo de exemplo, dos cinco artigos nesa categoría sen categoría de seu (Alavuden Peli-Veikot, Koovee Naiset, RoKi Naiset, Stadin Gimmat e TPS Naiset) catro inclúen artigo na introdución. Eu sería partidario de incluír artigo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de novembro de 2022 ás 13:08 (UTC)[responder]
- Ok Estevo(aei), mañán ou pasado me poño con iso. Moitas grazas! Piquito (conversa) 1 de novembro de 2022 ás 18:41 (UTC)[responder]
- Neste caso coido que cumpriría seguir o formato empregado de forma habitual en artigos de equipos da NBA (véxase Chicago Bulls -> na intro pon "Os Chicago Bulls"; New Orleans Pelicans -> na intro pon "Os New Orleans Pelicans") ou da WNBA (véxase Los Angeles Sparks). Mesmo noutros artigos da Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia: a modo de exemplo, dos cinco artigos nesa categoría sen categoría de seu (Alavuden Peli-Veikot, Koovee Naiset, RoKi Naiset, Stadin Gimmat e TPS Naiset) catro inclúen artigo na introdución. Eu sería partidario de incluír artigo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de novembro de 2022 ás 13:08 (UTC)[responder]
- Miguelferig, non me vou entreter contestando a todo o que plantexas, non o vexo construtivo, pidamos axuda a Estevo(aei) visto que ningún dos dous ten clara a cousa, persoalmente espero que ambas opcións sexan válidas para aforrar traballo. Graciñas, Piquito (conversa) 31 de outubro de 2022 ás 22:29 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Xa está arranxado, Miguelferig e Estevo(aei), se queredes revisade por se me quedou algún. Un saúdo, Piquito (conversa) 4 de novembro de 2022 ás 00:09 (UTC)[responder]