Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Historia da comunidade xudía de Monforte de Lemos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Historia da comunidade xudía de Monforte de Lemos[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 11 de agosto de 2020 - 10 de setembro de 2020
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 11 de agosto de 2020 ás 22:05 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 11-08-2020 ata o 10-09-2020.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre esta parte da historia da cidade de Monforte de Lemos, en boa parte descoñecida. Artigo propio da Galipedia (de feito só existe na nosa lingua), está completamente referenciado, ben ilustrado, conta con bibliografía de interese para introducirse e profundizar máis na historia xudía non só de Monforte senón de Galicia. A principal fonte é o traballo publicado por Felipe Aira Pardo, o principal (case o único) investigador da presenza xudía en Monforte, e que é a única obra que profundiza no tema. Estou aberto a posibles melloras, especialmente a suxestións sobre a lingua das citas. O artigo xa foi elixido como artigo destacado na sección "Sobre Galicia" para o próximo mes de setembro. --Piquito (conversa) 11 de agosto de 2020 ás 22:05 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 11 de agosto de 2020 ás 22:05 (UTC)[responder]
- Concordo. Alberte Si, dígame? 30 de agosto de 2020 ás 10:24 (UTC)[responder]
- Concordo. --One2 (conversa) 30 de agosto de 2020 ás 15:27 (UTC)[responder]
- Concordo. --CristianCb (conversa) 3 de setembro de 2020 ás 10:19 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 6 de setembro de 2020 ás 11:24 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario
- Ás veces aparece Peixarías e outra Peixaría. Descoñezo se son a mesma mais sináloo por se acaso.
- Tando na Wikipedia en castelán como na en portugués pentagrama aparece como sinónimo de estrela de 5 puntas (es:Estrella pentagonal e pt:Pentagrama). Descoñezo se se admite en galego como pra pórlle os sic ou mesmo se os sic son parte da propia cita.
- Grazas polas observacións One2! Corrixín un Peixaría por Peixarías, de acordo coa denominación que emprega Felipe Aira na principal fonte sobre o tema, en realidade eu nunca escoitei o nome en galego, non lembro como lle chaman no panel de información que hai ao lado, pero mesmo na web municipal de turismo (na súa versión en galego) falan de "Pescaderías" (ver aquí). Foi Atobar quen fixo a mudanza, como realmente é correcto dende o punto lingüístico o que el fixo non o mudei, pero non reflicte a realidade social, ademais non sei o que a Galipedia fai neses casos (eu deixaríao en castelán, pero se cadra non é correcto segundo as políticas, quizais o propio Atobar poida sacarnos de dúbidas). Sobre o "pentagrama", logo de mirar no DRAG non vin que aparecera a acepción da estrela de cinco puntas, de feito só vin a relacionada coa notación musical. Un saúdo! Piquito (conversa) 8 de setembro de 2020 ás 19:27 (UTC)[responder]
- Ola, Piquito. O certo é que eu ignoro cal é o nome exacto, se Peixaría, Peixarías... Na web do Concello que mencionas (como referencia, penso que está no límite; académica dende logo non é), ten en conta que tamén se cita Porta de Peixarías e rúa (de) Peixarías [1]. O que ao meu ver é incorrecto case seguro é Pescaderías, un castelanismo e polo tanto unha deturpación. De calquera maneira, eu de microtoponimia monfortina sei bastante pouco. A ver e outros editores logran ampliar a información ou corrixirme. A maiores, apunto que nunca está de máis preguntarlle directamente á Academia, sexa vía Twitter, a través do dicionario ao departamento de Lexicografía ou por calquera outra vía. Lamento non poder dar unha contestación máis clara nin xustificada. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 9 de setembro de 2020 ás 10:34 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘Grazas Atobar, non vira esa web, non hai discusión entón. Un saúdo, Piquito (conversa) 10 de setembro de 2020 ás 13:17 (UTC)[responder]