Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Trobairitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ou calquera das outras que aparecen. Imaxino que a que aparece no artigo castelán é unha tradución polo que habería que atopar a versión orixinal e poñer a posible tradución ao galego ao carón dela (como se fixo en Óengus I). Penso que as letras son libres, pero ao mellor HombreDHojalata ou Banjo que creo que entenden diso un pouco máis poden axudar.--AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 09:47 (UTC)[Responder]

AMPERIO, os textos son libres porque son medievais, con todo, creo que o mellor sitio para poñer eses textos sería en Galifontes. Non é como poñer a letra dun himno, son varios poemas de varias autoras... eu non o vexo para poñer aquí, pero se o consideras oportuno podes inluílas. Un saúdo!! Piquito (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 21:32 (UTC)[Responder]
Por iso non digo de poñer todas, pero habéndoas non vexo por que non engadir algunha delas nunha marxe, quizais empregando como modelo, e salvando ás distancias, esta que aparece no artigo Castelao.
“¿Ten Galiza un idioma proprio?
Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas.”
Castelao Sempre en Galiza (1944)

Ou ben engadilas ao final como en Cantigas de Santa María. --AMPERIO (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:21 (UTC)[Responder]

Sigo sen velo AMPERIO, xa teriamos que decidir cal se escolle, e se escollemos unha e non outra que motivos hai... e todas esas cousas. Eu non o vexo, pero se queres engadir ti algunha tes vía libre, ou se queres antes consulta con algunha outra persoa a súa opinión, non hai problema, en todo caso, non creo que a calidade do artigo dependa de que presente o texto de algunha das composicións (que na miña opinión deberían ir no proxecto irmán correspondente). Un saúdo!! Piquito (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 00:22 (UTC)[Responder]

Referencias

  1. Ganze, Alison (1 de enero de 2009). ""NA MARIA, PRETZ E FINA VALORS": A NEW ARGUMENT FOR FEMALE AUTHORSHIP". Romance Notes 49 (1): 23–33. Consultado o 9 de outubro de 2016. 

Usuario:Piquito, desde a ignorancia, de onde sae que o plural de Trobairitz sexa trobairises? Poderías achegar algunha referencia para ese termo? Grazas. --AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 11:31 (UTC)[Responder]

Outra cousiña, na referencia nº2 di Bruckner 1995, xi A expresión francesa "bien trouvé" ("ben encontrado") aínda denota unha expresión apta. ese xi está ben? --AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 11:34 (UTC)[Responder]
AMPERIO, para o plural de trobairitz atopei esta referencia en lingua inglesa, se non a consideras aceptable múdanse todos os trobairises por trobairitz e xa está. Sobre a referencia falta un "v" ao final segundo a edición do ano 2000, que é a que puiden consultar agora, aínda que o que realmente referencia é o texto do artigo e non da nota, que é unha aclaración. Un saúdo! Piquito (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 21:21 (UTC)[Responder]