Wikipedia:Artigo destacado/xullo 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Batalla de Pavia. O 25 de febreiro de 1525, en Pavia (Italia), os exércitos de Carlos I de España venceron os de Francisco I de Francia. Como resultado da contenda as tropas francesas tiveron que devolve-lo control do Milanesado ós españois, sendo a consecuencia fundamental desta batalla a supremacía española en Italia e o relegamento de Francia a un papel político secundario durante o século XVI.