Wikipedia:Artigo destacado/xaneiro 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En astronomía, denomínase evolución estelar á secuencia de cambios que unha estrela experimenta ao longo da súa existencia. A evolución estelar non se estuda observando o ciclo de vida dunha estrela individualmente senón que se realiza o estudo a partir das múltiples observacións de moitas delas, cada unha nun punto distinto da súa evolución, a modo de instantáneas dese proceso de escala temporal moi superior á humana. Recentemente tamén é posible estudar a evolución estelar a partir de modelos teóricos e simulacións numéricas da estrutura estelar.