Wikipedia:Artigo destacado/outubro 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH ou TDA-H) é un trastorno neurocondutual do desenvolvemento. O TDAH caracterízase pola co-existencia de problemas de atención, conduta impulsiva e exceso de mobilidade (hiperactividade). Habitualmente un ou varios destes problemas comezan antes dos sete anos de idade.

O TDAH é o trastorno psiquiátrico infantil máis comunmente estudado e diagnosticado. Afecta aproximadamente a entre un 3% e un 7% dos nenos.