Wikipedia:Artigo destacado/novembro 2007
Aparencia
A seguridade alimentaria é un obxectivo prioritario que se marcou a Unión Europea en 2002 para garanti-lo dereito á protección á saúde dos consumidores.
A necesidade dunha nova perspectiva no control da salubridade dos alimentos xorde a raíz das crises alimentarias dos anos noventa (dioxinas nos ovos belgas, febre aftosa no gando e, sobre todo, a crise das vacas tolas ou encefalopatía esponxiforme bovina).
Unha segunda consecuencia, non menos importante, foi constata-la crecente desconfianza dos consumidores nos controis oficiais sobre os alimentos e nos controis que se esperaba que fixesen as industrias alimentarias.