Wikipedia:Artigo destacado/agosto 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un selo postal é un comprobante do pago previo dos envíos efectuados polo correo en forma de etiqueta, xeralmente engomada, ou directamente impreso. O selo tipo é un pequeno papel rectangular que se pega a un sobre e que indica que a persoa que realiza o envío pagou o servizo. A emisión do primeiro selo postal enmárcase dentro dunha profunda reforma do servizo de correos británico emprendida por James Chalmers (1834) e Rowland Hill (1837). Ata entón o envio pagábao o destinatario en función dos quilómetros percorridos e non polo seu peso e propúñase que o envío o pagase o remitente segundo unha tarifa uniforme en función do peso e non pola quilometraxe.