Wikipedia:Ameazas legais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Atallos:
WP:NAL
WP:NAAL
Busca a resolución de conflitos en lugar de ameazar con accións legais.

Antes de ameazar con emprender accións legais, primeiro deberías tentar resolver as disputas usando o procedemento habitual en Wikipedia.

Se vas emprender accións legais, non podemos impedircho, pero si requirimos que non edites en Wikipedia ata que se resolva o litixio para asegurar que todo o proceso legal discorre por canles legais. De darse o caso, deberías contactar directamente coa persoa ou grupo implicados vía correo electrónico ou a través de calquera outra vía que facilite o usuario. Se a túa causa está dirixida á propia Wikipedia, deberías contactar coa asociación matriz, a Fundación Wikimedia. Non fagas públicas accións legais nas páxinas de Wikipedia.

Se ameazas con accións legais durante unha disputa en Wikipedia, a túa conta será probablemente bloqueada para evitar que sigas editando e que o asunto non se agrave por outras canles. Os usuarios que verten ameazas legais serán bloqueados ata que estas se resolvan.

Se descobres unha ameaza legal en Wikipedia, comunícao no taboleiro dos administradores.

O que non se considera unha ameaza legal[editar a fonte]

Unha queixa coherente e respectuosa en caso dunha infracción de dereitos de autor ou de ataques non se considera unha «ameaza de carácter legal».

Se ti es o dono de material con copyright que foi engadido en Wikipedia de forma indebida, entón as túas queixas non son só aceptables senón tamén benvidas. Neste caso, a forma máis sinxela dentro da Wikipedia en galego é acudir ao taboleiro de administradores ou facer uso do procedemento descrito en Wikipedia:Dereitos de autoría. Se os contidos supoñen, efectivamente, unha violación de copyright, serán eliminados de forma inmediata.

Igualmente, se se incluíu material difamatorio sobre a túa persoa ou contorna, podes acudir ao taboleiro dos administradores ou enviar un correo electrónico ao sistema privado de OTRS a info-es@wikimedia.org onde será tratado de maneira privada.

Percepción de accións legais[editar a fonte]

Ten coidado de non realizar comentarios que outros poderían interpretar como ameazas de índole legal, aínda que quizais esa non sexa a túa intención. Por exemplo, se afirmas de forma repetitiva que os comentarios doutros editores son «difamatorios» ou «inxuriosos», eses editores poden interpretalos como unha ameaza de demanda por difamación, aínda que non sexa a túa intención. Para previr este tipo de malentendidos, por favor, edita de forma menos «cargada» (por exemplo, «Esa afirmación sobre a miña persoa non é certa e espero que sexa rectificada polos seguintes motivos...») para evitar a percepción de que estás a ameazar con accións legais por difamación.

En lugar de bloquear de forma inmediata, os administradores deberían investigar o asunto e determinar que non se trata dun malentendido. Por exemplo, o usuario pode considerar un comentario como «difamatorio» porque non é consciente de determinadas políticas (tales como acoso, ataques persoais, civismo etc.) e necesita axuda para desenvolverse neste tipo de situacións. Aínda que este tipo de comentarios non poidan considerarse ameazas legais de seu, poden violar as políticas mencionadas máis arriba e o seu uso continuado ou co fin de desestabilizar pode resultar no bloqueo da conta.

Motivación desta proposta[editar a fonte]

Mentres poidas emprender accións legais nun xulgado, Wikipedia non é o sitio para disputas legais. Verter ameazas de tipo legal non é cívico e pode ser causa de numerosos problemas serios:

  • Condiciona de forma severa continuar editando de forma libre, un factor esencial para garantir a neutralidade das edicións. Sen esta liberdade, arriscamos que unha parte do conflito intimide á outra, e viceversa, motivando que as edicións deixen de ser neutrais de forma sistemática.
  • Desmotiva e crea un baleiro de confianza na comunidade, danando a nosa posible percepción de boa fe mutua.
  • Wikipedia (en especial a versión en inglés) cultivou malas experiencias con usuarios que verteron este tipo de ameazas no pasado. Ao facer ameazas legais, pode verse seriamente danada a túa reputación en Wikipedia.

Tentar resolver disputas usando os procesos estabelecidos axuda a evitar na maioría dos casos que se teña que acudir aos tribunais. Se decides emprender accións legais esgotando os procesos estabelecidos, e estes non resolven o conflito, polo menos podes ter a certeza de facer todo o posible para chegar a unha solución amigable.

Resultado dunha ameaza legal[editar a fonte]

A comunidade de Wikipedia ten un principio xeral de durabilidade que (case) calquera é capaz de reformar. Por iso, as afirmacións feitas durante un enfado ou mal xuízo non deberían manterse contra a outra parte polo resto das súas vidas se estas se retraeron. Esta política ditamina o bloqueo daquel editor que faga ameazas legais para evitar un dano ou deterioración do proxecto. Ao editor non se bloquea simplemente porque «é un caso de ameaza legal», senón máis ben porque:

  1. Reduce as posibilidades de que un conflito se agrave,
  2. Reduce a tensión e a carga de traballo administrativo en Wikipedia,
  3. Reduce a desestabilización de artigos e do ámbito editorial,
  4. Evita a difícil situación na que unha persoa tenta mediar e á vez acódese como parte oposta no litixio (normalmente estes dous papeis exclúense mutuamente).

Se estes conflitos son, de feito, resoltos ou ben se chega a un consenso para verificar que se resolveron, entón os editores implicados deberían desbloquearse se xa non hai unha ameaza que motive o bloqueo.

Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]