Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario/Nota de prensa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nota de prensa polo décimo quinto aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Anoto cousas que se poderían indicar na redacción:

  • A Galipedia naceu o 8 de marzo de 2003.
  • Pequeno resumo do que é a Galipedia.
  • Xa cumpríu quince anos, e actualmente ten case 150.000 artigos e máis de 150 artigos de calidade
  • Nestes quince anos de traballo de milleiros de voluntarios, a Galipedia aumentou pouco a pouco os seus contidos e a calidade dos mesmos. Nese proceso de mellora continua, a comunidade mellorou a calidade xeral dos seus artigos chegando ó posto número 14 na Lista de wikipedias por mostra de artigos cando no 2013 estaba na posición 22, sobre un total de máis de 280 linguas.
  • Unha mostra do traballo realizado é que, dos máis de 3.500 artigos de parroquias de Galicia, máis de 3.000 xa teñen a súa propia fotografía, e no ano 2016 conseguíronse imaxes para tódalas parroquias da provincia da Coruña, grazas ós esforzos dos voluntarios e doutros fotógrafos que publican as súas imaxes con licenzas libres. Este esforzo organízase no Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias.
  • Van a realizarse unha serie de actividades para celebrar este evento, o máis importante deles será o Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller que vai a realizarse en Ourense o día 10 de marzo, en colaboración co concello de Ourense a través da súa concellaría de Igualdade. Este evento será unha actividade aberta na que se realizará un obradoiro de introdución á edición e un wikimaratón para mellorar e crear artigos de biografías de mulleres destacadas, uníndose así esta celebración á do Día Internacional da Muller.

Borrador[editar a fonte]

Póster anunciando o wikimaratón.

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta, creada co propósito de fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que toda persoa poida editar e mellorar. O proxecto está baseado en cinco piares básicos. Todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons CC-BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

A Galipedia, a Wikipedia en lingua galega, naceu o 8 de marzo de 2003, polo cal estamos a celebrar os seus quince anos. Nestes quince anos de traballo de milleiros de voluntarios e voluntarias, a Galipedia aumentou pouco a pouco os seus contidos e a calidade dos mesmos. Nese proceso de mellora continua, a comunidade mellorou a calidade xeral dos seus artigos chegando ó posto número 14 na Lista de wikipedias por mostra de artigos cando no 2013 estaba na posición 22, sobre un total de máis de 280 linguas.

Neste intre ten case 150.000 artigos e máis de 150 artigos de calidade, que son algúns dos que a comunidade sinalou como os mellores traballos do proxecto. Entre estes artigos cóntanse tanto traducións de artigos de Wikipedias máis grandes como artigos propios da Galipedia, e tratan temas que van dende a historia, as artes ou a xeografía, ata a bioloxía, a medicina ou as ciencias exactas, dende unha perspectiva tanto galega como universal. Nos últimos tempos, e buscando darlle unha maior visibilidade á muller, traballouse por tentar reducir a fenda de xénero existente neste tipo de artigos entre as biografías de homes e de mulleres.

Outra mostra do traballo realizado é que, dos máis de 3500 artigos de parroquias de Galicia, máis de 3000 xa teñen a súa propia fotografía, estando completas as das provincias de Pontevedra e A Coruña, grazas ós esforzos dos editores e doutras persoas que publican as súas fotografías con licenzas libres. Este proxecto organízase no Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias.

Co gallo deste aniversario vanse realizar unha serie de actividades, a máis importante das cales será o Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller que se vai levar a cabo en Ourense o día 10 de marzo, en colaboración co concello de Ourense a través da súa concellaría de Igualdade. Este evento será unha actividade aberta a toda a cidadanía na que se realizará un obradoiro de introdución á edición e, a continuación, un wikimaratón para mellorar e crear artigos de biografías de mulleres destacadas, uníndose así esta celebración á do Día Internacional da Muller.

Queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboran diariamente, e tamén ás que colaboraron no seu momento, na creación e mellora desta enciclopedia libre e en galego, e que pouco a pouco vai aumentando en calidade e contido. Tamén queremos agradecer ós milleiros de lectores e lectoras que diariamente consultan as súas páxinas aumentando así a súa utilidade, e animamos a todo o mundo a que participen con nós na construción deste proxecto de coñecemento, para que sexa aínda máis de todo o mundo, e para todo o mundo.

Se precisan máis información poden contactar con XXX no enderezo electrónico ZZZ ou no teléfono móbil YYY.

Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]