Wiebe Bijker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wiebe Eco Bijker
Bijker.jpg
O profesor doutor
Wiebe Eco Bijker
Datos persoais
Nacemento19 de marzo de 1951 (68 anos)
LugarCoat of arms of Delft.svg Delft.
Flag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional.
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos.
ResidenciaMaastricht wapen.svg Maastricht
NacionalidadeFlag of the Netherlands.svg Neerlandesa
Actividade
CampoEnxeñaría, historia da tecnoloxía, socioloxía e filosofía
Alma máterUniversidade de Tecnoloxía de Delft
Universidade de Ámsterdam
TeseHistoria e Socioloxía da Tecnoloxía (History and Sociology of Technology)
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos sobre a construción social da tecnoloxía
PremiosPremio John Desmond Bernal (2006)
editar datos en Wikidata ]

Wiebe Eco Bijker, nado o 19 de marzo de 1951 na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, é un enxeñeiro, filósofo e doutor en Socioloxía e Historia da Tecnoloxía, foi director do departamento de Ciencias Sociais e Tecnoloxía na facultade de arte e cultura da Universidade de Maastricht, da que é profesor emérito.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

O pai de Bijker foi un enxeñeiro involucrado no desenvolvemento do coñecido como Plan Delta, logo da ruptura dun dique nos Países Baixos en 1953, cando o rapaz Wiebe tiña dous anos, e máis tarde pasou a ser subdirector do Laboratorio Hidráulico de Delft.[3] É de supor que estes antecedentes familiares relacionados coa tecnoloxía espertasen o interese temperán de Wiebe Bijker cara aos estudos relacionados con este ámbito.[4]

Logo de rematar os seus estudos de ensino secundario nun Gymnasium da localidade de Noordoostpolder, na provincia holandesa de Flevoland, en 1969, cursou paralelamente as carreiras de Filosofía na Universidade de Ámsterdam (1974) e Enxeñaría física na Universidade de Tecnoloxía de Delft (1976), onde se afiliou ao movemento Science-Technology-Society (STS), que impulsou unha concienciación sobre os riscos da enerxía nuclear, a proliferación de armas nucleares e a escalada da degradación ambiental.[5] En 1990 acadou o doutoramento da Universidade de Twente.

Carreira académica e científica[editar | editar a fonte]

En 1975, Bijker compaxinaba a derradeira fase dos seus estudos de Enxeñaría física na TU Delft coa docencia nunha escola secundaria en Rotterdam, e foi coautor de libros de texto e manuais sobre as ciencias físicas. De feito, participou nunha serie editorial que integraba os temas sociais na transmisión do coñecemento científico chamada Science and Technology Studies.

O interese de Bijker polo ensino mantívose posteriormente, e de aí a súa participación en diferentes propostas académicas, como o deseño do programa de estudos da Escola de Posgrao de Ciencia, Tecnoloxía e Cultura Moderna dos Países Baixos (Netherlands Graduate School of Science, Technology and Modern Culture - WTMC), o establecemento da Asociación Europea de Sociedade, Ciencia e Tecnoloxía (European Association on Society, Science and Technology), ou a creación e a dirección do mestrado de Ciencia en Culturas das Artes, Ciencia e Tecnoloxía da Universidade de Maastricht.[6][7]

En 1981, Bijker iniciou na Universidade de Twente un proxecto de investigación baseado no estudo da relación entre o desenvolvemento da tecnoloxía e a sociedade.

En 1983, en colaboración con Trevor Pinch, realizou estudos de casos empíricos detallados xunto a marcos conceptuais xerais, creando un novo modelo de análise coñecido como Construción Social da Tecnoloxía” (Social Construction of Technology -SCOT).[8] En 1987, a colaboración nun obradoiro con sociólogos da ciencia e historiadores da tecnoloxía conduciu a Bijker e a Trevor Pinch á publicación do libro The Social Construction of Technological Systems: New Directions in the Sociology and History of Technology, xunto a Thomas Hughes. Esta obra foi posteriormente moi recoñecida como principal referente no comezo da nova socioloxía da tecnoloxía, que analiza os contidos do coñecemento tecnolóxico e o funcionamento das máquinas como procesos sociais.

En 1992, xunto a John Law, publicou Shaping technology / building society: studies in sociotechnical change. Nesta obra ampliou o contido da nova socioloxía da tecnoloxía para incluír amplas cuestións sociais e clásicos problemas sociolóxicos como as xerarquías das estruturas sociais.[9][10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2006, Bijker recibiu o premio John Desmond Bernal, outorgado conxuntamente pola Society for Social Studies of Science e o Thomson Scientific, pola súa distinguida contribución no campo dos estudos de ciencia e a tecnoloxía.[11]

En 2012, recibiu a medalla Leonardo da Vinci da Society for the History of Technology (SHOT), outorgada "a unha persoa que faga unha contribución excepcional á historia da tecnoloxía, a través de investigación, a docencia, as publicacións e outras actividades”.[12]

Publicacións salientables[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Prof Dr Ir Wiebe Bijker (W.E.)". Na web da Universidade de Maastricht (en inglés)
  2. "Wiebe E. Bijker". En Research Gate (en inglés)
  3. Bijker, Wiebe E. "The Oosterschelde storm surge barrier: a test case for Dutch water technology, management, and politics". En Technology and Culture special issue, Water Technology in the Netherlands. Xullo de 2002. The Johns Hopkins University Press via JSTOR. 43 (3): 569–584 (en inglés)
  4. Latour, Bruno. "Centres of calculation". En Latour, Bruno. Science in action: how to follow scientists and engineers through society. Cambridge, Massachusetts. Harvard University Press, 1987. Páxina 230 e seguintes [ISBN 9780674792913]: Latour, a colleague of the younger Bijker, uses the father's genius in engineering to illustrate how scientists gain control over, or mobilize, difficult-to-manage objects... (en inglés)
  5. "Valedictory lecture by Wiebe Bijker and ‘Adventuring into STS’ symposium". Web da Universidade de Maastricht (en inglés)
  6. Sitio web da WTMC - Netherlands Graduate School of Science, Technology and Modern Culture - WTMC (en inglés)
  7. Páxina do mestrado. Universidade de Maastricht (en inglés)
  8. Tympas, Aristotle. "Methods in the history of technology, Volume 2 M-Z Index". En Hempstead, C. et al. Encyclopedia of 20th-century technology. Nova York. Routledge, 2005. Páxina 487. [ISBN 978-1579583866] (en inglés)
  9. "Prof Dr Ir Wiebe Bijker (W.E.). Proffesional career history". Na web da Universidade de Maastricht (en inglés)
  10. "Wiebe Eco Bijker Professor of Technology & Society". En Norwegian University of Science and Technology - NTNU (en inglés)
  11. "John Desmond Bernal Prize. Award Recipients". no sitio web da Society for Social Studies of Science (en inglés)
  12. "The Leonardo da Vinci Medal.Recipients of the da Vinci Medal". No sitio web da Society for the History of Technology (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]