Wide-field Infrared Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
WIRE / Wide-field Infrared Explorer
Representación de WIRE
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera terrestre.[1]
Data de lanzamento5 de marzo de 1999, 2:56 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorPegasus XL[3][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][6]
Obxectivo da misiónObservación do ceo en infravermello.[3][6]
Decaemento10 de maio de 2011[1]
NSSDC ID1999-011A
Masa250,0 kg[3]

Wide-field Infrared Explorer, coñecido tamén polo seu acrónimo WIRE, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 5 de marzo de 1999 mediante un foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

WIRE foi un observatorio espacial arrefriado mediante hidróxeno sólido capaz de observar o ceo en dúas lonxitudes de onda infravermellas (12 e 25 micrómetros). Foi deseñado para estudar galaxias con gromos estelares e buscar protogalaxias. O telescopio de WIRE tiña unha apertura de 30 cm e era de tipo Ritchey-Chretien.[3][5][6]

Pouco despois do lanzamento a cobertura do telescopio foi exectada prematuramente, expoñendo o hidróxeno sólido, que se sublimou, acelerando a rotación do observatorio e producindo a perda do refrixerante. O control do observatorio foi finalmente recuperado, pero sen o hidróxeno para arrefriar o instrumentos a misión principal deuse por perdida. A nave reutilizouse para facer observacións co seguidor de estrelas para a monitorización a longo prazo de estrelas en apoio a futuras misións astrosismolóxicas e de busca de exoplanetas. WIRE reentrou na atmosfera terrestre o 10 de maio de 2011.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "WIRE" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-86422). 21 de xullo de 1999: 9. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (27 de abril de 2016). "WIRE" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "WIRE" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: WIRE (SMEX 5)" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "WIRE" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]