Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Who Am I? (en chinés tradicional 我是誰 e simplicado 我是谁) é un filme de acción e artes marciais producido en Hong Kong, dirixido por Benny Chan e Jackie Chan, quen tamén é o protagonista. Foi estreada o 17 de xaneiro de 1998.
Jackie é recrutado pola CIA para formar parte dun comando de elite, que recibe a orde de asaltar un laboratorio secreto de armamento tecnolóxico na xungla africana. Traizoados polo seu xefe, todo o equipo morre agás Jackie, que é abandonado na xungla. Unha tribo recólleo e cúrao, aínda que sofre de amnesia que lle impide lembrar quen é e como chegou ata alí. A súa loita por descubrir a súa verdadeira identidade significa a persecución dos seus antigos inimigos, e non poder confiar en ninguén nunca máis.