White Hot: The Rise & Fall of Abercrombie & Fitch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

White Hot: The Rise & Fall of Abercrombie & Fitch
Ficha técnica
Título orixinalWhite Hot: The Rise & Fall of Abercrombie & Fitch
DirectorAlison Klayman
Produtor
  • Emmet McDermott
  • Hayley Pappas
  • Alison Klayman
MúsicaAmy Wood
FotografíaJulia Liu
Montaxe
  • Jen Fineran
  • Colleen Flanagan
  • Brian Goetz
  • Steph Ching
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea19 de abril de 2022
Duración88 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt19034522 Netlix: 81323741Editar o valor em Wikidata

White Hot: The Rise & Fall of Abercrombie & Fitch é un filme documental de 2022 dirixido por Alison Klayman.[1][2] O filme céntrase no éxito masivo de Abercrombie & Fitch e as controversias que xerou nas décadas de 1990 e 2000.[3][4] Estreouse a través de Netflix o 19 de abril de 2022.[5][6]

Sinopse[editar | editar a fonte]

White Hot: The Rise & Fall of Abercrombie & Fitch detalla o éxito e as controversias da cadea de roupa, incluíndo as súas prácticas racistas e excluíntes. O documental céntrase no aumento da popularidade da marca tras a chegada do CEO Mike Jeffries en 1992, e as súas prácticas que levaron a unha demanda colectiva en 2003 por discriminación racial nas tendas e polas políticas de contratación.[7] A directora Alison Klayman explora a cultura tóxica da compañía, con entrevistas dalgúns dos participantes orixinais na demanda colectiva. O documental tamén presenta a Samantha Elauf, quen foi rexeitada por Abercrombie para traballar debido a que levaba un velo na entrevista. Abercrombie loitou e o caso finalmente pasou ao Tribunal Supremo en 2015, que fallou a favor de Elauf.[8]

Acollida[editar | editar a fonte]

No sitio web do agregador de críticas Rotten Tomatoes, o 56% das 16 críticos son positivas.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Couch, Aaron (31 de marzo de 2022). "Netflix’s ‘White Hot’ Trailer Follows Abercrombie & Fitch’s Rise and Fall". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  2. Cormack, Morgan (24 de marzo de 2022). "This wild Abercrombie & Fitch Netflix doc should be on your radar". Stylist (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  3. "'White Hot: The Rise & Fall of Abercrombie & Fitch' Trailer Delves Into the Dark Side of the Famed Retailer | Entertainment Tonight". www.etonline.com (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  4. Chapman, Wilson (31 de marzo de 2022). "Netflix to Explore the ‘Rise and Fall’ of Abercrombie & Fitch in Documentary Debuting in April". Variety (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  5. June, Sophia. "Netflix Documentary ‘White Hot’ Chronicles The Rise And Fall Of Abercrombie & Fitch". Nylon (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  6. Dave Quinn (31 de marzo de 2022). "Abercrombie & Fitch's Rise and Fall Explored in Explosive Trailer for New Netflix Doc". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  7. "What Happened to Abercrombie CEO Mike Jeffries After Events of 'White Hot'" (en inglés). MSN. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  8. "Abercrombie & Fitch Used to Rule the Mall. The Netflix Documentary White Hot Is a Deep-Dive Into What Made it Toxic". Time. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  9. "White Hot: The Rise & Fall of Abercrombie & Fitch". Consultado o 20 de abril de 2022.