Whisky de millo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Mason jar de whisky de millo Georgia Moon

O Whisky de millo (ás veces licor de millo, "White Dog", ou "White Lightning") é un licor americano a partir dunha pasta feita de polo menos dun 80 por cento de millo. Baséase no típico moonshine americano, posto que o whisky ilícito facíase con masa de millo (a miúdo cun pouco de azucre). Pero, varios destiladores comerciais como Heaven Hill e Buffalo Trace comezaron a producir whisky de millo para a venda polo miúdo.

O whisky se destila a non máis do 80% de alcohol por volumen. A miúdo, o whisky de millo dilúese a continuación con auga a un 40 por cento de alcohol por volume e embotellase. Con todo, o whisky pode ser envellecido en barriles de carballo usados e sen calcinar.[1][2] O período de envellecemento polo xeral é breve, seis meses ou menos, tempo durante o cal o whisky absorbe a cor e sabor do barril, mentres que os malos sabores e alcohois redúcense.

Unha variante denominada "Straight Corn Whiskey" tamén se produce, na que o whisky almacénase en barriles de carballo usados ou novos sen calcinar durante 2 anos ou máis. Algúns whiskies producidos deste xeito son envellecidos durante polo menos 4 anos poden ser designados Bottled in bond.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Glossary of Bourbon & Whiskey terms page, Kentucky Distillers Association
  2. Class and Type Designation Arquivado 05 de marzo de 2013 en Wayback Machine., Alcohol and Tobacco Tax and Trade Bureau

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]