When the Kite String Pops é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de sludge metalAcid Bath, publicado o 8 de agosto de 1994 a través do selo Rotten Records. A portada é unha pintura do famoso asasino en serie John Wayne Gacy[1] realizada mentres estaba no cárcere agardando a súa execución. Os globos da parte inferior teñen tanto o seu alcume, "Pogo the clown", como o seu nome, J. W. Gacy.
En 1999 as vendas do álbum superaron as 37 000 copias nos Estados Unidos, unha cifra alta para unha banda dun selo independente sen publicidade.[2]