Westland Scout

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Westland Scout
Scout - RIAT 2005 (2533967267).jpg
Tipohelicóptero lixeiro
FabricanteWestland Helicopters
Primeiro voo29 de agosto de 1960
Estadoretirado
Produción1960-1968
Unidades construídasunhas 150
VariantesWestland Wasp

O Westland Scout foi un helicóptero lixeiro desenvolvido por Westland Helicopters. Desenvolvido a partir do Saro P.531, servía como helicóptero militar de propósito xeral baseado en terra, compartindo o antepasado e numerosos compoñentes comúns co helicóptero naval Westland Wasp. O principal operador do tipo foi o Corpo Aéreo do Exército británico, que operou o aparello en varios conflitos como o de Irlanda do Norte e a guerra das Malvinas. Foi substituído progresivamente polo Westland Gazelle no rol de recoñecemento, e polo máis grande Westland Lynx como helicóptero utilitario no campo de batalla.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Tanto o Scout como o Wasp desenvolvéronse a partir do Saunders-Roe P.531, que á súa vez procedía do Saunders-Roe Skeeter. Coa compra de Saunders Roe, Westland fíxose co control do proxecto P.531, que se converteu no prototipo do Scout (orixinalmente chamado Sprite) e do Wasp. O contrato de desenvolvemento inicial do Ministerio de Defensa británico era para un helicóptero de propósito xeral de 5 a 6 asentos.[1]

A primeira versión que cumpría tanto os requisitos da Royal Navy como do Exército, o P.531-2, voou o 9 de agosto de 1959 cun motor Bristol Siddeley Nimbus. Tamén se probou a partir do 3 de maio de 1960 unha versión equipada cun motor de Havilland Gnome. O Scout AH.1 de produción usaba un motor Rolls-Royce Nimbus (RR mercara xa Bristol Siddeley). O motor tiña 1 050 CV, pero o torque estaba limitado a 685 CV. Un deseño teórico extenso e probas prácticas realizáronse para proporcionar un tren de aterraxe que tolerase a resonancia terrestre. O primeiro Scout AH Mk 1 do Exécito voou o 4 de agosto de 1960, en marzo de 1961 seguíulle unha versión con controles eléctricos e as entregas comezaron a principios de 1963. Tras probas que se realizaron dende Canadá ata Nairobi, a célula foi lanzada para operacións entre os -26C e ISA+30C.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Saunders-Roe Division". Flight International. Consultado o 1018-11-17. 
  2. Flight International 1963, p. 232
  3. Stevens 1964, pp. 183-186,189

Bibliografía[editar | editar a fonte]