Saltar ao contido

Westland Lynx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Westland Lynx
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
Datas
 Entrada en servizo
1978 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
2017 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
21 de marzo de 1971 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   12,06 m Editar o valor en Wikidata
 Diámetro
   12,8 m rotor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02jr9n Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Westland Lynx é un helicóptero militar multipropósito británico deseñado e construído por Westland Helicopters na súa fábrica de Yeovil. Orixinalmente pretendía ser un aparello utilitario tanto para uso civil como naval, pero o interese militar fixo que se desenvolvese tanto para uso naval como para o campo de batalla. O Lynx entrou en servizo en 1977 e posteriormente foi adoptado polas forzas armadas dunha ducia de países, servindo principalmente como helicóptero utilitario no campo de batalla, anti-blindaxe, busca e rescate e guerra antisubmarina.

O Lynx é un helicóptero con capacidades acrobáticas coa habilidade de realizar loops e toneis.[1] En 1986 un Lynx especialmente modificado estableceu o récord de velocidade para helicópteros (na categoría que exclúe aos helicópteros compostos) da Fédération Aéronautique Internationale, acadando os 400,87 km/h,[2][3] que no 2020 permanecía imbatido.[4]

Fabricáronse varias versións terrestres e navais do Lynx xunto con algúns derivados maiores. O Westland 30 fabricouse como un helicópter utilitario civil; non tivo un grande éxito comercial e só se fabricaron 41 unidades nos anos 80. No século XXI deseñouse unha versión modernizada do Lynx como un helicóptero de combate multi-rol, designada AgustaWestland AW159 Wildcat, que substituirá aos Lynx aínda en servizo. O Lynx segue sendo fabricado por AgustaWestland, o sucesor de Westland Helicopters.

  1. Jeram-Croft, Larry,. The Royal Navy Lynx : an Operational History. Barnsley, South Yorkshire. ISBN 978-1473862517. OCLC 990609785.
  2. "Fai Record File". web.archive.org. 2013-12-03. Archived from the original on 03 de decembro de 2013. Consultado o 2020-12-04.
  3. "AgustaWestland G-Lynx helicopter to be recognised for maintaining world speed record since 1986". Western Gazette. 2014-12-28. Archived from the original on 28 de decembro de 2014. Consultado o 2020-12-04.
  4. "Helicopter speed record 30th anniversary". BBC News (en inglés). Consultado o 2020-12-04.