Wendy McElroy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wendy McElroy
Wendy-McElroy-200x200-dpi.jpg
Nacemento1951
 Canadá
NacionalidadeCanadá
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

Wendy McElroy, nada en 1951, é unha autora, investigadora e conferencista canadense. Salienta pola súa defensa do anarquismo individualista de filiación libertaria e do feminismo individualista, sendo tamén unha recoñecida investigadora das raíces históricas de ámbalas dúas correntes de pensamento.

Xunto con Carl Watner e George H. Smith fundou a revista The Voluntarist en 1982, a cal propuxo unha corrente de filosofía política chamada voluntarismo. É investigadora asociada do Independent Institute e colaboradora para Fox News[1] Fox News e LewRockwell.com.[2]

Teoría política[editar | editar a fonte]

Sexo-positiva[editar | editar a fonte]

Entre as feministas, distínguese a si mesma como «sexo-positiva»: defendendo a dispoñibilidade da pornografía, afirmando que a mesma é un recoñecemento social da sexualidade feminina, e condenando as campañas feministas antipornografía.[3][4][5] Tamén criticou as leis contra o acoso sexual que criminalizan a atracción sexual ó depender da sensibilidade de quen sente acosado sen un criterio sólido.[6]

O seu traballo teórico esténdese cara á crítica xeral do feminismo de perspectiva de xénero e a discriminación positiva, indicando que a súa aplicación prexudica a liberdade de elixir das mulleres. McElroy sostén que é preciso retomar antigas correntes feministas que se baseaban na promoción dos dereitos individuais.[7]

Masculinismo[editar | editar a fonte]

En concordancia co anterior, McElroy sostén unha defensa —que ela chama "feminista"— dos dereitos masculinos. Aduce que dentro do movemento de mulleres xurdiron dúas tendencias, unha libertaria e a outra ideolóxica ou "de xénero". Sinala que esta última predominou nas organizacións máis relevantes do feminismo, como a National Organization for Women, ante as dificultades e fracasos do feminismo tradicional para acadar a igualdade de mulleres e homes, levando un discurso de corte revanchista e misándrico contra os homes, conseguindo que as leis de familia e laborais que favorecen a muller, á vez, impliquen un trato inxusto para os homes.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McElroy Archive
  2. McElroy Archive
  3. XXX: el derecho de la mujer a la pornografía (texto en línea en inglés), por Wendy McElroy
  4. La contribución más valiosa de Wendy McElroy es la introducción de las voces de las mujeres que trabajan en la industria del sexo. Sus fascinantes entrevistas desafian muchos estereotipos y deberían disuadir a todos los que se preocupan por los derechos de la mujer desde el apoyo a medidas de censura. Nadine Strossen, presidente de la Liberties Union
  5. En El sexo sigue siendo el negocio más rentable de la red
  6. Las políticas sobre el acoso sexual precisan ser reformadas, por Wendy McElroy
  7. Sexual Correctness: The Gender-Feminist Attack on Women 2001
  8. Una defensa feminista de los derechos de los hombres. Mises Hispano (publicado 23-1-2015)