Welkom
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Província da África (pt) | Estado Libre | |||
Distritos municipais da África (pt) | Lejweleputswa District Municipality (en) | |||
Municípios locais da África (pt) | Matjhabeng Local Municipality (en) | |||
Capital de | ||||
Xeografía | ||||
Altitude | 1.333 m | |||
Creación | 1947 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 9459 e 9460 | |||
Prefixo telefónico | 057 | |||
Welkom é unha cidade de Suráfrica que pertence á provincia do Estado Libre. Dende o ano 2000 forma parte do municipio de Matjhabeng,[1] resultado da fusión con outros cinco concellos. Segundo o censo en 2011 tiña 64.130 habitantes.[2] A localidade está rodeada de minas de ouro.
Deportes
[editar | editar a fonte]O recinto deportivo máis importante de Welkom é o circuíto de Phakisa, que acolleu o Gran Premio de Motociclismo da República Surafricana entre 1999 e 2004.[3]
Os Griffons son un equipo profesional de rugby fundado en 1968 que participa cada ano na Currie Cup representando á rexión do norte do Estado Libre, e que ten gañado o campionato de segunda división en 2008, 2014, 2016, 2017 e 2022.[4] O equipo disputa os seus encontros no North West Stadium que ten capacidade para 8.500 seareiros.