Weed Forestin'

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Weed Forestin'
Álbum de Sebadoh
Publicado1990
Gravación1986 - 1987
Xénero(s)lo-fi
Selo(s)Homestead Records
Producido porLou Barlow
Cronoloxía
The Freed Man
(1989)
Weed Forestin' The Freed Weed
(1990)

Weed Forestin' é un álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Sebadoh, publicado no ano 1990 a través do selo Homestead Records. Orixinalmente fora autoeditado por Lou Barlow en casete en 1987 baixo o nome de Sentridoh, o seu proxecto en solitario de gravacións caseiras, e fora vendido en tendas de discos de Massachusetts nunha tirada dunhas 100 unidades.

En 1990 foi editado oficialmente por Homestead, en vinilo e casete, co nome da nova banda de Barlow, Sebadoh. Posteriormente nese ano foi lanzado en CD por Homestead no álbum recompilatorio de Sebadoh The Freed Weed, que tamén contiña varias cancións do álbum de estrea da banda, The Freed Man (1989).[1]

En 2012 foi autoeditado novamente baixo o nome de Sentridoh en varios formatos a través de Bandcamp, incluídos CD, vinilo, casete e descarga dixital.[2]

O álbum foi bautizado pola letra da canción de Barlow "Lose", que non foi incluída en Weed Forestin' pero foi refeita como unha canción de Dinosaur Jr. e incluída no seu álbum de 1987 You're Living All Over Me.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Temporary Dream"    
2. "New Worship"    
3. "Subtle Holy Gift"    
4. "My Own Religion"    
5. "Ride the Darker Wave"    
6. "More Simple"    
7. "Jealous of Jesus"    
8. "Mr. Genius Eyes"    
9. "Perfect Power"    
10. "Feeding Evil"    
11. "Sexual Confusion"    
12. "Three Times a Day"    
13. "Gate to Hell"    
14. "Broken"    
15. "Whitey Peach"    
16. "I Can't See"    
17. "Take My Hand"    
18. "Pound My Skinny Head"    
19. "I Believe in Fate"    
20. "Waited Forever"    
21. "Slightest Suggestion"    
22. "It's So Hard to Fall in Love"    
23. "Brand New Love"    

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Freed Weed - Sebadoh | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-10. 
  2. "Weed Forestin', by sentridoh". Lou Barlow sentridoh. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-10.