Waziristán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWaziristán

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 33°02′N 69°54′L / 33.03, 69.9Coordenadas: 33°02′N 69°54′L / 33.03, 69.9
CapitalWana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación791.087 Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialLingua paxta Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoemirato Editar o valor em Wikidata

Waziristan[Cómpre referencia] (paxto e urdú: وزیرستان, "terra dos Wazir") é unha rexión montañosa do noroeste de Paquistán, limítrofe con Afganistán e cunha superficie de 11.585 km². É parte das Áreas Tribais Administradas Federalmente e considérase fóra das catro provincias do país.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Waziristán comprende a área oeste e suroeste de Peshawar entre o río Tochi ao norte e o río Gomal ao sur. A rexión foi un territorio tribal independente ata 1893, permanecendo fóra do Imperio Británico. As incursións tribais no territorio controlado polos británicos foi un problema constante para estes,[1] provocando frecuentes expedicións punitivas entre 1860 e 1945. A rexión incorporouse a Paquistán en 1947.

Administrativamente, Waziristán divídese en dúas "axencias", Waziristán do Norte e Waziristán do Sur, con poboacións estimadas (en 1998) de 361.246 e 429.841 respectivamente. As dúas partes teñen características moi diferentes, aínda que ámbalas dúas tribos son subgrupo da tribo Wazir e falan unha linguaxe común, o wazirí. Teñen reputación de guerreiros formidables,[2] e son coñecidos polas súas frecuentes inimizades familiares.

As tribos Wazir divídense en subtribos gobernadas polos homes máis vellos da vila que se reúnen nunha jirga tribal. Social e relixiosamente, Waziristán é unha área extremadamente conservadora. As mulleres son gardadas coidadosamente, e cada familia debe estar liderada por unha figura masculina. A cohesión tribal mantense por medio dos chamados Actos de Responsabilidade Colectiva da Regulación de Delitos da Fronteira.Collective Responsibility Acts in the Frontier Crimes Regulation.

A presenza talibán na área foi un asunto de interese internacional, en particular desde a invasión estadounidense de Afganistán en 2001.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lawson, Alastair (2008-04-21). "Why Britons walked warily in Waziristan". BBC News. BBC. Consultado o 2008-04-21. 
  2. "Un poderoso xefe tribal advertiu aos militantes vencellados a al-Qaeda que abandonasen o distrito fronteirizo paquistaní logo da morte de oito membros do seu clan que apoiaban os esforzos de paz na rexión, Maulavi Nazir, que expulsaron a centos de guerreiros uzbekos nunha sanguenta batalla o pasado ano, dixo que os seus seguidores armados atacarían aos leais á facción de al-Qaeda en Waziristán do Sur. Mr Nazir, quen representa á influente tribo Wazir, culpou a Baitullah Mehsud..." (Australian News Network), 8 de xaneiro de 2008 (on-line)