Warsan Shire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWarsan Shire
Biografía
Nacemento1988 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Kenya Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webwarsanshire.com Editar o valor em Wikidata

Warsan Shire, nada o 1 de agosto de 1988, é unha escritora, poeta, editora e profesora británica que naceu de pais somalís en Kenya.[1] En 2013 foi premiada co premio de poesía africana da Universidade Brunel, escollida dunha lista de seis candidatos dun total de 655 solicitantes.[2] Os seus versos "No one leaves home unless/home is the mouth of a shark" (Ninguén deixa a casa a non ser que a casa sexa a boca dunha quenlla), do poema "Conversations about Home (at a deportation center)", son considerados unha chamada á mobilización das persoas refuxiadas e das súas defensoras.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada o 1 de agosto de 1988 en Kenya de pais somalís, migrou coa súa familia ao Reino Unido cando tiña un ano. Ten catro irmáns/irmás.[4] Licenciouse en Artes en Escritura Creativa. Desde 2015, reside principalmente nos Ánxeles.[4]

En 2011, publicou Teaching My Mother How To Give Birth, unha poesía reivindicativa publicada por Flipped eye. A súa colección completa foi publicada en 2016, tamén por Flipped eye.[4]

Recitou a súa poesía en varios locais artísticos en todo o mundo, incluíndo o Reino Unido, Italia, Alemaña, América do Norte, Suráfrica e Kenya.[5] Os seus poemas foron editados en varias publicacións literarias, incluíndo Poetry Review, Magma e Wasafiri.[5] Ademais, os seus poemas figuran nas colección Salt Book of Younger Poets (Salt, 2011) e en Ten: The New Wave (Bloodaxe, 2014). A súa poesía tamén foi traducida a diversas linguas, entre elas ao italiano, español, portugués, sueco, danés e estoniano.[4]

Desde 2016 está traballando na súa primeira colección de poesía completa, na que lanzou un extracto titulado Her Blue Body en 2015.[6] Traballa como editora de poesía na revista SPOOK e imparte obradoiros de poesía globalmente e en liña con propostas catárticas e estéticas.[4]

A súa poesía tomou relevancia na película Lemonade de Beyoncé no ano 2016.[7] O interese de Knowles-Carter en utilizar o seu traballo xurdiu ao coñecer o poema "For Women Who Are Difficult to Love".[8][9]

Influencias[editar | editar a fonte]

Utiliza, ademais da súa propia experiencia, as experiencias das persoas que ten próximas. O seu interese principal é escribir sobre e para as persoas que non teñen voz pública, por exemplo, inmigrantes e refuxiadas.[1][10] Como inmigrante de primeira xeración, utilizou a súa poesía para conectar co seu país de orixe, Somalia, ao que nunca foi.[2] Utiliza esta posición como inmigrante para transmitir as vidas destas persoas. Emprega as influencias dos seus parentes próximos e familiares e as súas experiencias para describir na súa poesía as loitas que teñen que enfrontar.[2]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Recibiu varios premios pola súa obra. En abril de 2013, foi recoñecida co Premio de poesía africana na inauguración da Universidade Brunel,[2] un premio destinado a poetas que aínda non publicaran unha colección completa de poesía.[5] Foi escollida entre unha lista restrinxida de seis candidatos dentro dun total de 655 candidaturas.[2]

En outubro de 2013, foi seleccionada dunha lista de seis finalistas como a Young Poet Laureate for London. A distinción é parte do programa Spoke da London Legacy Development Corporation que ten como misión a promoción das artes e a cultura no programa Spoke da London Legacy Development Corporation, que se centra en promover as artes e a cultura no Parque Olímpico Queen Elizabeth e na súa área de influencia.[11]

En 2014, foi escollida como poeta residente de Queensland, Australia, en colaboración co Centro Aborixe de Artes Escéncias para unha estancia de seis semanas.[4]

En xuño de 2018 foi escollida membro da Real Society of Literature na súa iniciativa "40 Under 40".[12]


Obra[editar | editar a fonte]

  • Teaching My Mother How To Give Birth (Flipped eye, 2011),
  • Her Blue Body (flap pamphlet series, Flipped eye, 2015),
  • Poemas incluíndo "The Unbearable Weight of Staying", "Dear Moon", "How to Wear Your Mother's Lipstick", "Nail Technician as Palm Reader", e "For Women Who Are Difficult to Love" presentados en Lemonade: A Visual Album by Beyoncé (2016)
  • Penguin Modern Poets 3: Your Family, Your Body en Malika Booker, Sharon Olds, Warsan Shire (Penguin, 2017).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  • Unless the Water is Safer than the Land

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Okeowo, Alexis (21 de outubro de 2015). "The Writing Life of a Young, Prolific Poet". The New Yorker. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Somali poet Warsan Shire on her African poetry award". BBC (podcast). 30 de abril de 2013. Consultado o 30 de novembro 2013. 
  3. Kuo, Lily (30 de xaneiro de 2017). "'HOME' This poem is now the rallying call for refugees: 'No one leaves home unless home is the mouth of a shark'". Quartz Africa. Consultado o 1 de febreiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Bio". WarsanShire.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2015. Consultado o 26 de abril de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Carolyn (30 de abril de 2013). "Warsan Shire Wins Brunel University African Poetry Prize 2013". Books Live. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  6. "New Warsan Shire Pamphlet". Consultado o 29 de marzo 2016. 
  7. Leaf, Aaron (23 de abril de 2016). "Ibeyi, Laolu Senbanjo, Warsan Shire Featured in Beyoncé's 'Lemonade'". Okay Africa. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 23 de abril de 2016. 
  8. Mic. "Here's the Warsan Shire Poem That Caught Beyoncé's Attention for 'Lemonade'". Mic. Consultado o 6 de decembro de 2016. 
  9. Hess, Amanda (27 de abril de 2016). "Warsan Shire, the Woman Who Gave Poetry to Beyoncé's 'Lemonade'". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 6 de decembro de 2016. 
  10. Zakaria, Rafia (27 de abril de 2016). "Warsan Shire: the Somali-British poet quoted by Beyoncé in Lemonade". The Guardian. ISSN 0261-3077. Consultado o 6 de decembro de 2016. 
  11. "Warsan Shire announced as London's first young poet laureate". BBC. 3 de outubro de 2013. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  12. Flood, Alison (28 de xuño de 2018). "Royal Society of Literature admits 40 new fellows to address historical biases". The Guardian. Consultado o 3 de xullo de 2018. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]