Saltar ao contido

Wangui wa Goro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWangui wa Goro
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Kenya Editar o valor en Wikidata
Profesora honoraria Escola de estudos orientais e africanos
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Londres
Universidade de Leicester
Middlesex University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora, activista, investigadora, escritora, académica, crítica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKing's College de Londres Editar o valor en Wikidata

Wangui Wa Goro, nada en 1961, é unha investigadora, tradutora, escritora, activista e académica kenyana, residente no Reino Unido. As súas investigacións e intereses céntranse no desenvolvemento das linguas e literaturas africanas, así como a promoción internacional das traducións destas literaturas.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Wangui wa Goro viviu e estudou en diversas partes do mundo, como o Reino Unido, os Estados Unidos, Alemaña e Suráfrica. Naceu en Kenya, pero deixou o país para estudar Linguas Modernas e Economía na Universidade de Leicester. Proseguiu os seus estudos de Educación na Universidade de Londres (actual University College of London), e doutorouse en Estudos de Tradución na Universidade de Middlesex.

Traballou co goberno local, así como de académica en Humanidades no Reino Unido, e en contextos de desenvolvemento internacional. Por mor do seu activismo nos dereitos humanos e a súa implicación pola democracia en Kenya, Wa Goro viviu exiliada en Inglaterra uns cantos anos.[2] Apoiou diversos movementos pola xustiza e a liberdade, como o movemento anti-apartheid, e implicouse no movemento das mulleres como feminista, traballando no movemento feminista negro e africano no Reino Unido e en Europa.

Traduciu a obra de autores e autoras recoñecidas, como a sátira de Ngũgĩ wa Thiong'o Matigari e as súas obras infantil-xuvenís Njamba Nene and the Flying Bus (1986) e Njamba Nene's Pistol (1990), da lingua kikuyu ao inglés, así como o libro de poesía de Véronique Tadjo A vol d'oiseau do francés.

A súa propia obra inclúe poesía, ensaio e relatos.[3] O seu relato "Heaven and Earth" foi incluído no currículo escolar de Kenya.[4] Como activista dos dereitos humanos,[5] coeditou con Kelly Coate e Suki Ali o libro Global Feminist Politics: Identities in a Changing World (Routledge, 2001).[3] Colaborou en publicacións como Under the Tree of Talking: Leadership for Change in Africa (Onyekachi Wambu, 2007)[6] e a antoloxía de 2006 African Love Stories, editada por Ama Ata Aidoo.[7]

Participa de forma habitual no festival literario Africa Writes da Royal African Society, que entre outros eventos inclúe o simposio Africa in Translation,[8][9][10][11] baixo a coordinación da organización internacional SIDENSi.[12]. É membro fundadora de TRACALA (Translation Caucus of the African Literature Association).

Foi membro de organizacións como Women's Studies Network UK, British Centre for Literary Translation, Arts Council England, PEN International e African Literature Association.[5] She Foi membro do consello de Caine Prize for African Writing, do que foi xurado en 2007.[4]

  1. ↑ Tadjo, Véronique (2001). As the Crow Flies. Heinemann. p. Portada (detalles biográficos da tradutora).
  2. ↑ ya Salaam, Kalamu (1994). "Tarzan Can Not Return to Africa But I Can — S-T-U-V-W-X-Y-Z: Panafest 1994". ChickenBones: A Journal. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2018. Consultado o 30 de xullo de 2019.
  3. 1 2 Perfil de Wangui wa Goro Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., African Studies Association of the UK.
  4. 1 2 "About Us" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., The Caine Prize.
  5. 1 2 "Wangui Wa Goro" Arquivado 24 de outubro de 2016 en Wayback Machine., Human Rights and Social Justice Research Institute, London Metropolitan University.
  6. ↑ "Under the Tree of Talking: Leadership for Change in Africa" Arquivado 30 de xullo de 2019 en Wayback Machine. at BookBlast.
  7. ↑ Stella Riunga, "African Love Stories, An Anthology by Ama Ata Aidoo", Book Spotlight, Storymoja.
  8. ↑ "Africa Writes 2013" Arquivado 30 de xullo de 2019 en Wayback Machine., Royal African Society.
  9. ↑ Dele Meiji, "Matigari: Talking Revolutionary Translation with Wangui Wa Goro, Friday 12 July, 12.30PM" Arquivado 05 de febreiro de 2016 en Wayback Machine., 12 de xullo de 2014.
  10. ↑ "Africa in Translation: What's Love Got to Do With It?", 3 de xullo de 2015, Africa Writes.
  11. ↑ "What's Love Got to do with it?" Arquivado 30 de xullo de 2019 en Wayback Machine., SIDENSi.
  12. ↑ "About" Arquivado 30 de xullo de 2019 en Wayback Machine., SIDENSI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]