Saltar ao contido

Walther Flemming

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalther Flemming

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1843 Editar o valor en Wikidata
Schwerin Editar o valor en Wikidata
Morte4 de agosto de 1905 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Kiel Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Rostock Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Kiel Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxenetista, profesor universitario, anatomista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorChristian-Albrechts-Universität zu Kiel Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Participou no conflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Флемминг Вальтер)
Neue Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 201838 WikiTree: Flemming-664

Walther Flemming, nado o 21 de abril de 1843 e finado o 4 de agosto de 1905, foi un biólogo alemán e fundador da citoxenética.

Naceu en Sachsenberg (agora parte de Schwerin) e era o quinto fillo e único varón do psiquiatra Carl Friedrich Flemming (1799–1880) e a súa segunda muller, Auguste Winter. Graduouse no Gymnasium der Residenzstadt, onde un dos seus colegas e amigo para toda a vida foi o escritor Heinrich Seidel.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Flemming estudou medicina na Universidade de Praga, graduándose en 1868. despois, serviu en 1870–71 como médico militar na guerra franco-prusiana. De 1873 a 1876 traballou como profesor na Universidade de Praga. En 1876 aceptou o posto de profesor de anatomía da Universidade de Kiel. Foi director do Instituto Anatómico e permaneceu alí ata a súa morte.

Utilizando tinturas de anilina conseguiu atopar unha estrutura do núcleo celular que absorbia fortemente tinturas basófilas, que el denominou cromatina. Identificou que a cromatina estaba correlacionada coas estruturas filamentosas do núcleo das células, os cromosomas (que significa 'corpos coloreados'), que foron chamados así posteriormente polo anatomista alemán Wilhelm von Waldeyer-Hartz (1841–1923). O científico belga Edouard Van Beneden (1846–1910) tamén os atopara, independentemente. O centrosoma descubrírono conxuntamente Walther Flemming en 1875 [1][2] e Edouard Van Beneden en 1876.[3][4]

Flemming investigou o proceso da división celular e a distribución dos cromosomas nos núcleos das células fillas, un proceso chamado mitose, da palabra grega que significa filamento. Porén, non viu que os cromosomas se dividisen en metades, as cromátides fillas. Estudou a mitose tanto in vivo coma en preparacións tinguidas, usando como material biolóxico aletas e branquias de píntegas. Estes resultados publicáronse primeiramente en 1878[5] e en 1882 no seu influínte libro Zellsubstanz, Kern und Zelltheilung (1882; Substancia celular, núcleo e división celular). Baseándose nos seus descubrimentos, Flemming propuxo por primeira vez que todos os núcleos celulares proceden doutro núcleo predecesor (acuñou a frase omnis nucleus e nucleo, análoga á frase de Virchow omnis cellula e cellula).

Cromosomas politénicos nunha célula da glándula salivar do díptero Chironomus, un dos máis de 100 debuxos do libro de Flemming Zellsubstanz, Kern und Zelltheilung, 1885
Ilustracións de células con cromosomas e mitoses, do libro Zellsubstanz, Kern und Zelltheilung, 1882

Flemming tamén é coñecido pola súa filantropía. Alimentaba semanalmente á xente sen fogar, doando todos os anos o 20 % do seu salario aos albergues para persoas sen fogar. Ensinaba especialmente aos nenos pequenos que eran demasiado pobres para asistiren a cases de matemáticas e ciencias.

Flemming non chegou a coñecer os traballos de Gregor Mendel (1822–84) sobre a herdanza, así que non ligou as súas observacións coa herdanza xenética. Pasarían dúas décadas ata que a importancia dos traballos de Flemming fose realmente recoñecida co redescubrimento das leis de Mendel. The Science Channel designou o descubrimento de Flemming da mitose e dos cromosomas como un dos 100 descubrimentos científicos máis importantes de todos os tempos en bioloxía celular.[6]

Leva o nome de Flemming unha medalla que outorga a Sociedade Alemá de Bioloxía Celular (Deutsche Gesellschaft für Zellbiologie).[7]

  1. Flemming, W. (1875). Studien uber die Entwicklungsgeschichte der Najaden. Sitzungsgeber. Akad. Wiss. Wien 71, 81–147
  2. Bloodgood RA. From central to rudimentary to primary: the history of an underappreciated organelle whose time has come. The primary cilium. Methods Cell Biol. 2009;94:3-52. doi: 10.1016/S0091-679X(08)94001-2. Epub 23 de decembro de 2009. PMID 20362083.
  3. Van Beneden, E. (1876). Contribution a l'histoire de la vesiculaire germinative et du premier noyau embryonnaire. Bull. Acad. R. Belg (2me series) 42, 35–97.
  4. Bloodgood RA. From central to rudimentary to primary: the history of an underappreciated organelle whose time has come. The primary cilium. Methods Cell Biol. 2009;94:3-52. doi: 10.1016/S0091-679X(08)94001-2. Epub 23 de decembro de 2009. PMID 20362083.
  5. Flemming, W. (1878). "Zur Kenntniss der Zelle und ihrer Theilungs-Erscheinungen" (PDF). Schriften des Naturwissenschaftlichen Vereins für Schleswig-Holstein 3: 23–27. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de abril de 2018. Consultado o 19 de decembrode 2008.
  6. Science, Carnegie (28 de marzo de 2005). "100 Greatest Discoveries | Carnegie Institution for Science". carnegiescience.edu. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2016.
  7. "Zellbiologie.de | Scientific awards". zellbiologie.de. Consultado o 10 de xuño de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lukács (1981). "Walter Flemming, discoverer of chromatin and mitotic cell division". Orvosi Hetilap 122 (6): 349–50. PMID 7015236. 
  • Latronico (2000). "Heredity, constitution and diathesis". Minerva Pediatrica 52 (1–2): 81–115. PMID 10829597. 
  • Breathnach (1982). "Biographical sketches No. 18—Flemming". Irish Medical Journal 75 (6): 177. PMID 7050007. 
  • Paweletz (2001). "Walther Flemming: pioneer of mitosis research". Nature Reviews. Molecular Cell Biology 2 (1): 72–5. PMID 11413469. doi:10.1038/35048077. 
  • Flemming, Walther (1879). "Beitrage zur Kenntniss der Zelle und ihrer Lebenserscheinungen". Archiv für Mikroskopische Anatomie 16 (1): 302. doi:10.1007/BF02956386.  e Flemming, Walther (1880). "Beiträge zur Kenntniss der Zelle und Ihrer Lebenserscheinungen". Archiv für Mikroskopische Anatomie 18 (1): 151. doi:10.1007/BF02952594.  Reimpreso en J. Cell Biol. 25:581–589 (1965).
  • Flemming, W. "Zur Kenntniss der Zelle und ihrer Theilungs-Erscheinungen". In: Schriften des Naturwissenschaftlichen Vereins für Schleswig-Holstein 3 (1878), 23–27. (Reimpreso en "Zir Kenntniss der Zelle und ihrer Teilungs-Erscheinungen" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 e marzo de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2008. )
  • Carlson, E.A. "The Analysis of Mitosis Shifts Attention to the Chromosomes". In: Mendel's Legacy. The Origins of Classical Genetics. p. 24–5, CSHL Press, 2004. ISBN 0-87969-675-3.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]