Saltar ao contido

Walter Zapp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalter Zapp

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1905 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Riga Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 2003 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Binningen Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor, deseñador Editar o valor en Wikidata

Walter Zapp, nado en Riga, Imperio Ruso, o 22 de agosto de 1905, e finado en Binningen, Suíza, o 17 de xullo de 2003, foi un inventor alemán do Báltico.[1][2] A súa creación máis coñecida foi a cámara subminiatura Minox. Ao longo da súa vida, atribuíronselle máis de 60 patentes.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Cámara Minox Riga fabricada por VEF.
Edición limitada da cámara Minox CLX, coa sinatura de Walter Zapp.

Zapp naceu en Riga, na Gobernación de Livonia, actual Letonia, fillo de nai alemá do Báltico e pai británico.[2] En 1932, mentres residía en Estonia, comezou a desenvolver a daquela innovadora cámara subminiatura, primeiro creando modelos de madeira, o que o levou a construír o primeiro prototipo en 1936. A cámara foi lanzada ao mercado en 1938. As cámaras Minox foron fabricadas por VEF, Valsts Elektrotehniskā Fabrika, en Letonia, que chegou a producir 17 000 unidades.[2]

Durante a relocalización dos alemáns do Báltico na primavera de 1941, Zapp trasladouse a Alemaña. Entre 1941 e 1945 traballou no desenvolvemento da microscopía electrónica en AEG, en Berlín.[3] Trala segunda guerra mundial, en 1945, fundou a empresa Minox GmbH en Wetzlar, Alemaña, a cal segue existindo até hoxe.[4]

En 2001, durante a súa última visita a Letonia, declarou que fora celebrar alí o seu centésimo aniversario. Faleceu aos 97 anos en Binningen, preto de Basilea, Suíza.[5]

O deseño innovador e as solucións técnicas da cámara de Zapp foron patentados en todo o mundo. VEF obtivo 66 patentes en 18 países grazas ás invencións de Zapp.[6] Na década de 1960, Zapp foi mencionado como inventor en varias patentes concedidas a Minox GmbH por melloras e modificacións en cámaras subminiatura.[7] A comezos da década de 1990, Zapp patentou a súa derradeira invención: o telescopio de peto Minox T8.[8]

Premios e honras

[editar | editar a fonte]

En 2001, Walter Zapp recibiu un doctoramento honoris causa da Academia de Ciencias de Letonia e foi condecorado coa Orde da Cruz de Terra Mariana en recoñecemento polos seus servizos á República de Estonia.[9] En 1994, Eesti Post emitiu un selo postal da serie Europa en conmemoración de Walter Zapp e o seu invento patentado, patente estoniana n.º 2628, a cámara subminiatura Minox.[10]

  1. "Walter Zapp, inventor de la cámara de fotos de los espías". El País (en castelán). 2003-07-19. ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-04-18.
  2. 1 2 3 4 Apinis, Pēteris (2006). "A Hundred Great Latvians" (en inglés). Riga: Nacionālais apgāds: 126. ISBN 978-9984-26-288-8. OCLC 238892134.
  3. García, Alberto. "Cámaras Minox: usadas por espías en la Segunda Guerra Mundial y la Guerra Fría". ADSLZone (en castelán). Consultado o 2025-04-18.
  4. "Minox". ASTROSHOP. Consultado o 2025-04-18.
  5. "Muere el inventorde la cámara espía". El Periódico de Aragón (en castelán). 2003-07-19. Consultado o 2025-04-18.
  6. Skorovs, Pēteris (2014-01-06). "Minox Patents". Pēteris Skorovs (en inglés). Consultado o 2025-04-18.
  7. "Walter Zapp". Minox (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2025.
  8. "Minox Pocket Telescope T8". Submin (en inglés). Consultado o 2025-04-18.
  9. "Teenetemärkide kavalerid: Walter Zapp". President (en estoniano). Consultado o 2025-04-20.
  10. "EUROPA. Eesti patendid/ 072-06-1994". Postmargid (en estoniano). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 2025-04-20.