Walter Schottky
![]() | |
| Nome orixinal | Walter Hermann Schottky |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 23 de xullo de 1886 Zürich (Suíza) |
| Morte | 4 de marzo de 1976 Forchheim, Alemaña |
| Lugar de sepultura | Pretzfeld |
| Formación profesional | Doutor en Física |
| Educación | Universidade Frederico Guillerme de Berlín Universidade de Würzburg |
| Director de tese | Max Planck e Heinrich Rubens |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física do estado sólido, física, enxeñaría eléctrica, electrónica, Semicondutor, electron emission (en) |
| Ocupación | físico, enxeñeiro, profesor universitario, inventor, electrotécnico |
| Empregador | Universidade de Jena) Siemens AG Universidade de Wurzburgo Universidade de Rostock Siemens AG |
| Profesores | Max Planck |
| Familia | |
| Pai | Friedrich Schottky |
| Irmáns | Ernst Max Schottky |
| Premios | |
| Medalla Hughes (1936) Medalla Carl Friedrich Gauss (1962) Werner-von-Siemens-Ring (1964) | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Fiziki, (p.301) |
Lista
| |
Walter Hermann Schottky, nado en Zürich (Suíza) o 23 de xullo de 1886 e finado en Forchheim (Baviera) o 4 de marzo de 1976, foi un físico alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do matemático Friedrich Schottky, estudou física na Universidade Humboldt de Berlín e na Universidade de Wurzburgo. Foi alumno de Max Planck, que dirixiu a súa tese de doutoramento. Traballou para Universidade de Jena (1912-1914), a empresa Siemens AG (1914-1919), a Universidade de Wurzburgo (1919-1923), a Universidade de Rostock (1923-1927) e, de novo, para Siemens AG (1927-1958).
Schottky inventou a pantalla da rede de tubo de baleiro en 1915 e a válvula termoiónica tétrodo en 1919, mentres traballaba na Siemens. En 1938 formulou unha teoría para predicir o efecto Schottky, que agora se utiliza nos díodos Schottky.
Foi galardoado en 1936 coa medalla Hughes, concedida pola Royal Society «polo seu descubrimento do efecto Schrotlky na emisión termoiónica e a súa invención do tétrodo de pantalla de rede e dun método superheterodino de recibir sinais inalámbricas». O efecto Schrottky describe as variacións espontáneas en tubos de baleiro.
En 1964 recibiu o Anel Werner von Siemens en honor ao seu pioneiro labor no desenvolvemento físico para a comprensión de moitos fenómenos que deron lugar a numerosos e importantes aparatos técnicos, entre eles amplificadores de tubo e semicondutores.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Walter Schottky |
