Walter Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Walter Hill
Walter Hill 1137 (cropped).jpg
Nome completoWalter Wesley Hill
Nacemento10 de xaneiro de 1942
 Long Beach
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterMichigan State University
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cine, guionista, produtor delegado e produtor
CónxuxeHildy Gottlieb
PremiosPrimetime Emmy Award de melhor direção em série dramática, Directors Guild of America Award for Outstanding Directing – Drama Series, Emmy do Primetime de melhor série limitada, Directors Guild of America Award for Outstanding Directing – Television Film e Primetime Emmy Award de melhor direção em série dramática
editar datos en Wikidata ]

Walter Wesley Hill, nado en Long Beach (California) o 10 de xaneiro de 1942, é un director, guionista e produtor de cinema estadounidense, coñecido polos seus filmes de acción e pola revitalización do xénero do western.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hill naceu en California en 1942. En varias entrevistas contoou que de neno sufría de asma, razón pola que tivo moitos problemas para rematar a escola.[1] O seu avó era perforador de petróleo e isto influíu para que máis tarde el traballase tamén nese labor.

Viviu e cursou estudos de arte na Universidade das Américas na Cidade de México.[2][3] Posteriormente cambiouse á Universidade Estatal de Michigan, onde se licenciou en historia.[4][1]

Ata 1968 só fixo unha incursión no cinema, como segundo axudante de dirección no filme The Thomas Crown Affair.[5][6] Foi tamén segundo axudante de dirección (sen acreditar) ese mesmo ano en Bullitt,[7] e en Take the Money and Run (1969) traballou igualmente con Woody Allen, aínda que dixo que non lembraba facer moito á parte de pasar páxinas e encher tarxetas de tempo.[1]

Desde o principio amosou inclinación á escritura de guións. O primeiro foi dun western titulado Lloyd Williams and His Brother;[8] non chegou a adaptarse á pantalla grande, mais gustó á Warner Bros, que lle fixo máis encargas. Despois escribiu The Getaway[1][9] e Hickey and Boggs, que se levaron ao cinema en 1972. O seu debut como director non chegou ata 1975 con Hard Times.[10] En 1979 escribiu e dirixiu Os guerreiros, que se converteu nunha das súas obras máis destacadas e nun filme de culto nos Estados Unidos. Estaba baseado nunha novela de Sol Yurick, inspirada á súa vez no relato da Anábase, de Xenofonte.

A súa paixón sempre foi o western, e o seu referente fundamental a obra de John Ford, aínda que moitos dos seus éxitos fan parte do cinema policíaco e da comedia. Os seus filmes adoitan presentar situacións en que as personaxes principais se atopan baixo unha forte presión. A súa vida habitualmente é complicada e dá a sensación de que sempre foi así. Con frecuencia as súas personaxes masculinas viven ao seu xeito, sen confianza na natureza humana.

Hill constituíu xunto con Steven Spielberg, George Lucas, John Milius, Brian De Palma, Martin Scorsese, Paul Schrader ou Francis Ford Coppola a xeración de cineastas da década de 1970 que modernizou o cinema estadounidense.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Hill casou con Hildy Gottlieb, axente de talentos da International Creative Management na Tavern on the Green de Nova York o 7 de setembro de 1986. Tiveron dúas fillas, Joanna e Miranda.[11]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Función Notas
Director Guionista Produtor
1972 Hickey & Boggs Non Si Non
The Getaway Non Si Non
1973 The Mackintosh Man Non Si Non
The Thief Who Came to Dinner Non Si Non
1975 The Drowning Pool Non Si Non
Hard Times Si Si Non
1978 The Driver Si Si Non
1979 Os guerreiros Si Si Non
1980 Bandidos de lenda Si Non Non
1981 Southern Comfort Si Si Non
1982 48 Hrs. Si Si Non
1984 Streets of Fire Si Si Non
1985 Brewster's Millions Si Non Non
1986 Crossroads Si Non Non
Blue City Non Si Si
Aliens Non Argumento Non
1987 Traición sen límite Si Non Non
1988 Red Heat Si Si Si
1989 Johnny Handsome Si Non Non
1990 48 horas máis Si Non Non
1992 Alien 3 Non Si Si
Trespass Si Non Non
1993 Xerónimo Si Non Si
1994 The Getaway Non Si Non
1995 Wild Bill Si Si Si
1996 O último home íntegro Si Si Si
2000 Supernova Si Non Non Acreditado como "Thomas Lee"
2002 Invicto Si Si Si
2012 Bullet to the Head Si Non Non
2016 The Assignment Si Si Non
TBA Dead for a Dollar Si Si Non

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 McGilligan, Patrick (xuño de 2004). "Walter Hill: Last Man Standing". Film International 2 (6): 12–25. doi:10.1386/fiin.2.6.12. Consultado o 28 de novembro de 2007. 
  2. French, Philip (1 de novembro de 1981). "The Storyteller". The Observer. p. 30. 
  3. Lee, Luaine (20 de xuño de 2006). "Walter Hill veers from his usual Westerns in 'Broken Trail'". Knight Ridder Tribune News Service. p. 1. 
  4. "Interview with Walter Hill Part 1". Directors Guild of America. 2007. Consultado o 11 de xuño de 2014. 
  5. Axmaker, Sean (3 de outubro de 2005). "Walter Hill: "Operate on your instincts"". GreenCine Daily. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2006. Consultado o 12 de decembro de 2007. 
  6. Warga, Wayne (19 de maio de 1968). "A 95-Pound Inspiration for Film Beginners". Los Angeles Times. p. D14. 
  7. Wright, Chris (13 de marzo de 2017). "Edgar Wright and Walter Hill Discuss 'The Driver'". Empire. 
  8. Lundy, Dori (10 de abril de 1971). "'Kill' Role Next for Mason". Los Angeles Times. p. C-11. 
  9. Weiler, A. H. (18 de xullo de 1971). "A Funny Girl in the 'Sandbox'". The New York Times. p. D11. 
  10. Stanley, John (27 de maio de 2007). "Walter Hill's Dark visions". San Francisco Chronicle. Consultado o 12 de decembro de 2007. 
  11. "Hildy Gottlieb Is the Bride of Walter Hill, a Director". The New York Times. 8 de setembro de 1986. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Entrevistas