Saltar ao contido

Wall Street (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wall Street
Logotipo
 Instancia de
 Título
Wall Street (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Representa a
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
18 de febreiro de 1988 (Alemaña)
1987 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
Duración122 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF191869858 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-5245-0000-S-0000-0000-R Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g22z Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
56/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
79% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
6.8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0094291 Filmaffinity: 552975 Allocine: 3175 Rottentomatoes: m/wall_street Mojo: wallstreet Allmovie: v53205 TCM: 18625 Metacritic: movie/wall-street TV.com: movies/wall-street Netlix: 60003330 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Wall Street é unha película norteamericana do ano 1987 e producida por 20th Century Fox Film Corporation. Os seus principais actores son Michael Douglas e Charlie Sheen.

Bud Fox (Charlie Sheen) é un corretor de bolsa en Wall Street na década dos 80 e ten un forte desexo de chegar rapidamente ao máis alto. Grazas á súa perseveranza consegue convencer un investidor, Gordon Gekko (Michael Douglas), de collelo baixo a súa ala. Este home é un desapiadado e lendario corretor de bolsa de Wall Street cuns valores que non poderían estar máis opostos aos do pai de Bud, un obreiro encargado do mantemento que considera que o éxito debe chegar traballando duro e non con especulacións. Gordon Gekko ábrelle as portas ao mundo dos "yuppies" grazas á súa aptitude para conseguir información privilexiada. Isto apórtalle a Bud moitas riquezas pero tamén grandes problemas.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Bud Box (Charlie Sheen): un xove corretor de bolsa que busca atopar o seu sitio no mundo das finanzas. Grazas á súa audacia consegue reunirse con Gekko a quen lle propón investir no negocio dunha aeroliña que acaba de ser declarada inocente nun litixio. A través desta amizade con Gekko, Bud comeza a coñecer e a saber cada vez máis do mundo bolsista, incluso chegando a prácticas ilegais e deixando o lado humano destas.
  • Gordon Gekko (Michael Douglas): un home ambicioso e unha lenda da Bolsa de Wall Street. As súas infinitas ganas de obter riqueza farán arrastrar ao seu novo compañeiro Bud aos fondos máis baixos e inmorais de Wall Street.
  • Darien Taylor (Daryl Hannah): unha prestixiosa deseñadora de interiores, que mantivo no pasado unha relación con Gordon. Pero ao igual ca este, a súa ambición e gañas de poder farán que renegue do seu verdadeiro amor, Bud, o aprendiz de Gekko.

Banda sonora

[editar | editar a fonte]
  • Óscar 1988: Michael Douglas gañador ao mellor actor principal.
  • Globos de Ouro 1988: Michael Douglas gañador ao mellor actor de drama.
  • Premios David di Donatello 1988: Michael Douglas gañador ao mellor actor estranxeiro.
  • Premios da Academia de Cine do Xapón 1989: candidata á mellor película estranxeira.
  • Premios do Sindicato Nacional Italiano de Cine 1988: candidata á mellor película estranxeira.
  • Premios do Círculo de Críticos de Cine de Kansas 1988: Michael Douglas gañador ao mellor actor.
  • Premios do Círculo de Críticos de Nova York 1987. Michael Douglas segunda posición como mellor actor.
  • Premios Sant Jordi 1989: Michael Douglas candidato ao mellor actor estranxeiro.
  • Premios Razzie 1988: Daryl Hannah gañadora á peor actriz secundaria.
  • Premios Satellite 2007: candidato ao DVD con mellores extras (a reedición do 20 aniversario).

Datos de interese

[editar | editar a fonte]

A película rodouse en Central Park, Nova York. As oficinas de Bud e Gordon atopánse en 222 Broadway.

Algúns dos bares frecuentados polos personaxes son W. 67th Street ou 3 East 48th Street, tamén en Nova York.

Aínda que o papel de Gordon Gekko foi interpretado por Michael Douglas houbo actores como Richard Gere e Warren Beatty que o director tivo en conta. Tamén ocorreu co papel de Bud Fox (interpretado polo actor Charlie Sheen) que quixo interpretar o actor Tom Cruise.

Citas de Gordon

[editar | editar a fonte]
  • “O que importa é o diñeiro, o resto son conversacións.”
  • “Se queres un amigo, compraste un can.”
  • “As comidas de negocios son para xente débil.”
  • “Cando trates de diñeiro, controla as túas emocións.”
  • “A cousa máis valiosa do mundo é a información ¿non che parece?”
  • “Eu non creo riqueza. Eu poseo.”