Waldheim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°04′00″N 13°01′00″L / 51.06667, -13.01667

Wappen Waldheim.png Lage des Regierungsbezirkes Chemnitz in Deutschland.GIF
Waldheim
Estado: Saxonia
Superficie: 23,81 km²
Poboación: 8 606 habitantes
Densidade: 361 hab/km²
Sitio web do concello: www.stadt-waldheim.de

Waldheim é unha cidade pertencente ao Distrito de Chemnitz, en Saxonia (Alemaña).
(Ver a localización deste distrito, no Land de Saxonia, no mapa adxunto, á derita do escudo da cidade).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Encóntrase situada a 266 msm, xunto ao río Zschopau, a 9 km ao suroeste da cidade de Döbeln, e a 28 km ao norte de Chemnitz.

Ten unha superficie de 23,81 km², e unha poboación (censo do 31 de decembro de 2008), de 8 606 habitantes, o que representaba unha densidade de 361 hab/km².

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade en 1900.

En 1198 o bosque (Wald) que dá nome á cidade aparece mencionado por primeira vez e, xa en 1271, apareceu a primeira mención documental do seu castelo.

Recibiu o título de cidade en 1286.

Adheriuse á Reforma protestante en 1537.

Nesta localidade naceu, o 13 de outubro de 1771 (daquela pertencía ao Electorado de Saxonia, do Sacro Imperio Romano Xermánico), o anatomista, entomólogo e paleontólogo Johann Fischer von Waldheim.

Durante a Segunda Guerra Mundial, a súa prisión recibiu algúns deportados políticos ("Nacht und Nebel") de Bélxica e do departamento francés de Nord-Pas-de-Calais, despois da súa condena.[1]

Monumentos arquitectónicos[editar | editar a fonte]

  • Mercado, coa súa torre-campanario, século XVIII.
  • Igrexa luterana de San Nicolás, 1842.
  • Casa o Concello (Rathaus) cunha torre e unha gran sala (Jugendstil), 1902.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Michel Reynaud, Fondation pour la mémoire de la déportation. Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas par mesure de persécution, 1940-1945, Volume 1 páxinas 116-122-226.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]