Wacław Sierpiński

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWacław Sierpiński

(1928) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pl) Wacław Franciszek Sierpiński Editar o valor em Wikidata
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de outubro de 1969 Editar o valor em Wikidata
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Powązki (pt) Traducir 52°15′07″N 20°58′22″L / 52.2519, 20.9728 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Iaguelónica de Cracovia (1906–1908)
Universidade de Varsovia - matemáticas (1899–1904) Editar o valor em Wikidata
Director de teseStanisław Zaremba (pt) Traducir e Georgy Voronoy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría de números, topoloxía, matemáticas, teoría de conxuntos e function theory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Lviv Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario , topólogo , mestre Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Varsovia (1919–1960)
Universidade de Lviv (1908–1914) Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosOtto Marcin Nikodým (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoAndrzej Schinzel (pt) Traducir, Jerzy Neyman (pt) Traducir, Stefan Mazurkiewicz (pt) Traducir, Edward Marczewski (pt) Traducir, Adolf Lindenbaum (en) Traducir, Stanisław Ruziewicz (pt) Traducir, Andrzej Rotkiewicz (en) Traducir, Antoni Wakulicz (en) Traducir, Zygmunt Zalcwasser, Andrzej Rotkiewicz (en) Traducir e Stanisław Świerczkowski (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Sierpiński-4 Find a Grave: 114609951 Editar o valor em Wikidata

Wacław Franciszek Sierpiński, nado en Varsovia o 14 de marzo de 1882 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1969, foi un matemático polaco.[1] Destacan as súas achegas á teoría de conxuntos, á teoría de números, á topoloxía e á teoría das funcións. Na teoría de conxuntos realizou importantes contribucións para o axioma de escolla e a hipótese do continuo. Estudou a teoría da curva que describe un camiño pechado que contén todos os seus puntos interiores dun cadrado. Publicou máis de 700 traballos e 50 libros.[2]

Tres coñecidos fractais levan o seu nome, o triángulo de Sierpinski, a alfombra de Sierpinski e a curva de Sierpinski. Tamén os números de Sierpinski en teoría de números levan o seu nome.[2]

Educación[editar | editar a fonte]

Sierpiński ingresou no Departamento de Matemáticas e Física da Universidade de Varsovia en 1899 e graduouse catro anos despois. En 1903, estando aínda na universidade, o departamento ofreceu un premio ao mellor ensaio dun alumno sobe a contribución de Georgi Voronói á teoría de números. A medalla de ouro foi concedida a Sierpiński pola que foi a súa primeira grande achega matemática. Ao non estar disposto a que o traballo se publicase en ruso, retívoo ata 1907, ano en que se publicou na revista matemática de Samuel Dickstein, Prace Matematyczno-Fizyczne ("Traballos de matemáticas e física").[2]

Trala súa graduación en 1904, Sierpiński traballou de profesor de matemáticas e física nun colexio de Varsovia. Porén, cando o colexio pechou debido a unha folga, Sierpiński decidiu ir a Cracovia para doutorarse. Na Universidade Iaguelónica de Cracovia, asistiu a conferencias de Stanisław Zaremba sobre matemáticas. Tamén estudou astronomía e filosofía. Recibiu o seu doutoramento e foi designado para a Universidade de Lwow en 1908.

Contribucións á matemática[editar | editar a fonte]

O cadrado de Sierpiński, un fractal.

En 1907 Sierpiński interesouse pola teoría de conxuntos cando se atopou cun teorema que dicía que se podían determinar os puntos cunha soa coordenada. Escribiu a Tadeusz Banachiewicz, que entón se atopaba en Göttingen, preguntándolle como era posible ese resultado. Recibiu unha resposta cunha única palabra: "Cantor". Sierpiński comezou a estudar teoría de conxuntos e, en 1909, deu a súa primeira conferencia dedicada por completo a esta área das matemáticas.

Sierpiński mantivo un extraordinario ritmo de produción de traballos e libros de investigación. Entre 1908 e 1914, cando impartía clases na Universidade de Lwow, publicou tres libros, así como numerosos traballos de investigación.

Cando comezou a primeira guerra mundial, Sierpiński e a súa familia se atopaba en Rusia. Co obxectivo de evitar a moi frecuente persecución de polacos en Rusia, Sierpiński estivo a traballar en Moscova con Nikolai Luzin ata que rematou a guerra. Xuntos, comezaron o estudo dos conxuntos analíticos. En 1916, Sierpiński deu o primeiro exemplo de número normal.

Ao acabar a guerra en 1918, Sierpiński regresou a Lwow. Non obstante, pouco despois da súa designación, a Universidade de Varsovia ofreceulle un posto, que aceptou, permanecendo en Varsovia o resto da súa vida.

Durante a Guerra Polaco-Soviética (1919-1921), Sierpiński contribuíu a descifrar códigos criptográficos rusos na axencia criptográfica polaca.

En 1920, Sierpiński, xunto con Zygmunt Janiszewski e o seu ex alumno Stefan Mazurkiewicz, fundaron unha influente revista matemática, Fundamenta Mathematica, especializada en traballos sobre teoría de conxuntos. Durante este período, Sierpiński traballou sobre todo en teoría de conxuntos, mais tamén en topoloxía de conxuntos de puntos e funcións dunha variable real. En teoría de conxuntos, fixo achegas ao axioma da escolla e á hipótese do continuo. Tamén traballou no que actualmente se coñece como a curva de Sierpiński. Así mesmo continuou a colaborar con Luzin na investigación de conxuntos analíticos e proxectivos. No seu estudo das funcións dunha variable real atópanse resultados sobre series funcionais, diferenciabilidade de función e a clasificación de Baire.[2]

Sierpiński estivo moi implicado no desenvolvemento das matemáticas en Polonia. Foi elixido para a Polska Akademia Umiejętności en 1921 e ese mesmo ano foi nomeado decano da facultade da Universidade de Varsovia. En 1928 foi nomeado vicepresidente do consello de administración da Sociedade Científica de Varsovia, e ese mesmo ano foi elixido presidente do consello de administración da Sociedade Matemática de Polonia.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Sierpiński foi autor de 724 traballos e 50 libros. Xubilouse como catedrático en 1960, mais continuou a traballar ata 1967 para impartir un seminario sobre a teoría de números na Academia Polaca das Ciencias. Tamén proseguiu o seu traballo editorial en Acta Arithmetica, Rendiconti del Circolo Matematico di Palermo, Composito Matematica e Zentralblatt für Mathematik.[2]

Eponimia[editar | editar a fonte]

Ademais dos conceptos matemáticos que levan o seu nome tamén o cráter lunar Sierpinski leva este nome na súa memoria.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "W. Sierpinski (1882 - 1969)". Royal Netherlands Academy of Arts and Sciences. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Wacław Sierpiński". MacTutor History of Mathematics archive, Universidade de Saint Andrews (en inglés). Consultado o 23-07-2021. 
  3. "Sierpinski. Gazetteer of Planetary Nomenclature". Flagstaff: USGS Astrogeology Research Program (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]