Wikipedia:Preguntas máis frecuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wikipedia:FAQ»)
Preguntas máis frecuentes sobre a Wikipedia
Atallos:
WP:FAQ
WP:PMF

Esta é unha lista das preguntas máis frecuentes que os usuarios novos poden ter sobre como usar e contribuír na Wikipedia. Se a túa dúbida non está respondida nestas páxinas de axuda, podes deixar unha mensaxe na sección "axuda" da Taberna.

Como edito unha páxina?[editar a fonte]

Editar unha páxina é sinxelo, só tes que facer clic na lapela "Editar" na parte superior da páxina ou nas ligazóns de editar das cabeceiras das seccións. Isto leva a unha nova páxina cunha caixa de edición onde se poden facer os cambios ao texto. Ao rematar a edición cómpre escribir un breve resumo de edición no campo baixo a caixa de edición describindo os cambios feitos.

Como creo unha páxina nova?[editar a fonte]

Non é necesario ter unha conta rexistrada na Wikipedia para crear un artigo. Non obstante, é recomendable facela dado que achega algúns beneficios, descritos na páxina Wikipedia:Como rexistrarse.
Para crear un novo artigo, bótalle unha ollada ás recomendacións expostas en Wikipedia:Como crear unha páxina.

Por que borrastes o meu artigo?[editar a fonte]

O mellor xeito de atopar o motivo é mirando o rexistro de borrados (escribe o nome exacto do artigo na caixa "Título:", con distinción entre maiúsculas e minúsculas).

Como troco o nome dun artigo?[editar a fonte]

Para trasladar o artigo, usa o botón "mover". Cómpre ter unha conta de usuario rexistrada de máis de catro días con polo menos dez edicións. Se aínda non es un usuario autoconfirmado, o traslado pode traer controversias ou a páxina que desexas renomear está protexida, solicítao en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios.

Como cambio o meu nome de usuario ou borro a miña conta?[editar a fonte]

Para cambiar o teu nome de usuario podes facer unha solicitude en Especial:GlobalRenameRequest. Os nomes de usuario non se poden borrar. Podes, non entanto, solicitar que a túa páxina de usuario sexa borrada incluíndo o marcador {{Lixo}} nela.

Cando se publicou a Wikipedia por vez última?[editar a fonte]

A Wikipedia non é unha enciclopedia en papel. A base de datos en liña actualízase cada vez que un editor modifica unha páxina, polo que está en constante evolución.

Quen escribiu o artigo X na Wikipedia?[editar a fonte]

Case todos os artigos presentes na Wikipedia están escritos por varios editores, e non simplemente un só. Premendo na lapela "historial" que atoparás na parte superior de calquera artigo, irás parar ata unha lista de todos os colaboradores que construíron o artigo. Se tes intención de unirte a eles, podes botar un ollo antes á páxina Wikipedia:Como comezar a colaborar.

A quen pertence a Wikipedia?[editar a fonte]

Véxase Wikipedia:Preguntas máis frecuentes/Xeral#A quen pertence a Wikipedia? para obter máis detalles.

Por que hai problemas co acceso ao sistema?[editar a fonte]

Véxase Wikipedia:Como rexistrarse#Como acceder ao sistema para obter máis detalles.

Hai dispoñibles contadores de estatísticas?[editar a fonte]

Existe un sitio, non mantido por Wikipedia, que permite ollar as visitas ás páxinas desde decembro de 2007. As listas das páxinas máis visitadas están dispoñibles aquí.