Esta páxina está semiprotexida

Wikipedia:Artigo destacado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "WP:DT")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Atallo:
WP:DT

O artigo destacado é unha sección da Portada onde se mostra un retazo dun dos máis completos artigos da Galipedia.

Para propor artigos destacados para os próximos meses ou votar a favor ou en contra dos xa propostos, vai á páxina de propostas.

Actualmente o artigo destacado é:

Artigo destacado

Bufo periglenes1.jpg

Dende a década de 1980 estase a producir un dramático declive nas poboacións de anfibios arredor do mundo, caracterizado polo colapso nas poboacións de anfibios e pola extinción masiva localizada. No ano 1993, as poboacións de máis de 500 especies de ras e píntegas dos cinco continentes presentaban un declive na súa poboación. O declive dos anfibios está afectando a milleiros de especies en toda clase de ecosistemas, polo cal foi sinalado como unha das grandes ameazas da biodiversidade global.

En realidade o declive dos anfibios xa se empezou a detectar en Europa desde a década de 1950, pero os científicos non consideraron que isto puidese supoñer extincións masivas ata a década de 1980, xa que se pensaba que podían ser flutuacións naturais habituais nas poboacións. Hoxe crese que o problema persistirá durante longo tempo.

Os declives e extincións masivas nas poboacións de anfibios son un problema local con complexas causas globais. Entre as causas atópanse: aumento no índice de raios ultravioletas (por mor do debilitamento da capa de ozono), novos depredadores nos ecosistemas actuais (especies introducidas), fragmentación e perda de hábitat, toxicidade e acidez ambiental, doenzas emerxentes, cambio climático e interaccións entre todos estes factores.

Vindeiros artigos destacados na Portada

  • En outubro o artigo destacado será:

Artigo destacado

Statue-Augustus.jpg

A escultura da Roma antiga comprende a obra escultórica desenvolvida en toda a área de influencia do Imperio Romano, co foco central en Roma, entre o século VI a. C. e o século V. Orixinariamente derivou da escultura grega, principalmente a través da herdanza da escultura etrusca e, posteriormente, xa dun xeito directo durante o período helenístico, por contacto coas colonias da Magna Grecia e da mesma Grecia.

A tradición grega foi unha referencia constante ao longo da historia de Roma, pero contradicindo a crenza popular estendida que afirma que os romanos foron máis imitadores que creadores, sábese que non só foron quen de asimilar e desenvolver as súas fontes con mestría, senón que tamén contribuíron dun xeito orixinal nesta tradición. Despois da consolidación do Imperio, outras influencias estranxeiras, maiormente orientais, determinaron un lento mais progresivo afastamento do canon grego en dirección a unha simplificación formal de tendencia abstracta, que estabeleceu as bases da arte bizantina, paleocristiá e medieval.

O estudo da escultura romana é complexo para os investigadores, pois a súa evolución non se considera nin linear nin lóxica. Existe unha duradeira inclinación cara ao historicismo e o eclecticismo, aínda máis pronunciada do que a que se observou na escultura helenística, xunto coa presenza de estilos ben diferenciados na escultura producida nun mesmo momento histórico para as diferentes clases sociais, e mesmo dentro dunha única clase, atendendo a necesidades de cada tema e situación. O hábito xeneralizado da copia de obras gregas máis antigas e a permanencia de alusións ao clasicismo grego ao longo de toda a súa historia, mesmo a través do cristianismo primitivo, mantivo vivas unha tradición e unha iconografía que doutro xeito poderían terse perdido.

Artigo destacado

Arquivo

Replacement filing cabinet.svg Arquivo de artigos destacados

A continuación, móstrase unha lista cos artigos destacados do ano pasado, este ano e o vindeiro:

2020

Modelo

A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os artigos destacados:

<div style="float:left;margin-right:0.9em">
[[Ficheiro:IMAXE_RELACIONADA_CO_ARTIGO|none|125px]]
</div>
'''[[NOME_DO_ARTIGO_DESTACADO]]''' PEQUENO_RESUMO_DO_ARTIGO
<noinclude>[[Categoría:Artigos destacados en {{subst:CURRENTYEAR}}| {{subst:#time: m|+1month}}]]</noinclude>