Włodzimierz Roman Juszczak
Włodzimierz Roman Juszczak | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa católica bizantina ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 19 de xullo de 1957 en Legnica, RP de Polonia |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 28 de maio de 1983, por Henryk Gulbinowicz |
Consagración episcopal | 19 de xuño de 1999, por Jan Martyniak |
Bispo de Wrocław-Gdańsk | |
1999 - actualidade | |
Predecesor | Teodor Majkowicz |
Outros | |
![]() Escudo de Włodzimierz Roman Juszczak | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Włodzimierz Roman Juszczak, nado en Legnica (RP de Polonia) o 19 de xullo de 1957, é un relixioso grecocatólico ucraíno de Polonia, dende 1999 bispo de Wrocław-Gdańsk.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na cidade de Legnica na entón República Popular de Polonia, o 19 de xullo de 1957.[1] O 18 de xuño de 1978 profesou como membro da Orde de San Basilio Magno, facendo os seus votos solemnes o 1 de maio de 1983. O 28 de maio do mesmo ano foi ordenado sacerdote[1] polo arcebispo de Wrocław, Henryk Gulbinowicz.[2]
O 24 de abril de 1999 foi nomeado bispo de Wrocław-Gdańsk.[2] Recibiu a consagración episcopal o 19 de xuño do mesmo ano, de mans do arcebispo de Przemyśl-Varsovia Jan Martyniak, e tivo como co-consagrantes principais ao exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod Vasylii Ihor Medvit e ao exarca apostólico de Francia Michael Hrynchyshyn.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Annuario pontificio per l'anno 2009 (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. p. 816. ISBN 9788820981914.
WLODZIMIERZ Roman Juszczak, O.S.B.M., n. in Legnica, ep. di Wrocław-Gdańsk, 19 lu. 1957; ord. 28 magg. 1983; el. 19 apr. 1999; cons. 19. giu. 1999.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Biskup Diecezjalnyc WŁODZIMIERZ R. JUSZCZAK". cerkiew.net (Eparchia Wrocławsko-Gdańska, Kościoła Greckokatolickiego w Polsce) (en polaco).
Święcenia kapłańskie: 28.05.1983 r., Legnica – abp Henryk Kardynał Gulbinowicz (łac.) [...] Chirotonia i ingres: 19.06.1999 r., Wrocław – abp Jan Martyniak (Metropolita Przemysko-Warszawski), bp Bazyli Medwit (Egzarcha Kijowsko-Wyszhorodzki), bp Mychajło Hrynczyszyn (Egzarcha Francji i Beneluksu) [...] 24.04.1999 – nominacja biskupia.