Vulpes ferrilata
| Vulpes ferrilata | |
|---|---|
| Vulpes ferrilata Brian Houghton Hodgson 1842 | |
|
Instancia de
| |
|
Categoría taxonómica
| |
|
Taxon superior
| |
|
Nome curto
| |
|
Sinonimia
| |
| Características | |
|
Ciclo diurno
| |
|
Período de xestación
| |
| Conservación | |
|
Identificador UICN
| |
| Distribución | |
|
Hábitat
| |
| Clasificación taxonómica | |
| Reino | Animalia |
| Filo | Chordata |
| Clase | Mammalia |
| Orde | Carnivora |
| Familia | Canidae |
| Xénero | Vulpes |
| Especie | Vulpes ferrilata[1] |
| Identificadores | |
| ITIS | 621862 |
| OTT | 110766 |
| Wikidata C:Commons | |
Vulpes ferrilata é unha especie de raposo endémica do altiplano do Tíbet, a chaira de Ladakh, no Nepal, a China, Sikkim, e Bután, presente até alturas de 5.300 m. O seu estado de conservación está clasificado como pouco preocupante na Lista Vermella da IUCN, debido á súa ampla distribución nas estepas e semidesertos da meseta tibetana.[2]
Características
[editar | editar a fonte]O Vulpes ferrilata é un raposo pequeno e compacto, cunha pelaxe suave e densa, un fociño visiblemente estreito e unha cola mesta. O seu fociño, coroa, pescozo, costas e patas inferiores son de cor marrón avermellada, mentres que as súas meixelas, flancos, patas superiores e grupa son agrisadas. A súa cola ten as puntas brancas. As orellas son curtas e de cor marrón a agrisado no dorso, mentres que o interior e a parte inferior son brancas.[3] Os exemplares adultos miden de 60 a 70 cm de longo, sen incluír a cola, e a súa cola mide de 29 a 40 cm. O peso dos adultos rolda os 4 a 5,5 kg.[4]
Entre os raposos, a súa caveira é a máis especializada no carnivorismo;[5] é máis longa na lonxitude condilobasal, así como na lonxitude da mandíbula e dos dentes das meixelas, ca as dos raposos dos montes. A súa rexión cranial é máis curta ca a dos raposos dos montes, e o arco cigomático é máis estreito. As súas mandíbulas tamén son moito máis estreitas, e a fronte é cóncava. Os seus dentes caninos tamén son moito máis longos ca os dos raposos dos montes.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wozencraft, W.C. (2005). "Species Vulpes ferrilata". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (en inglés) (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 532–628. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
- ↑ Harris, R. "Vulpes ferrilata". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Sillero-Zubiri, C.; Hoffman, M.; MacDonald, D. W. (2004). "Tibetan Fox" (PDF). Canids: Foxes, Wolves, Jackals and Dogs - 2004 Status Survey and Conservation Action Plan. IUCN/SSC Canid Specialist Group. ISBN 2-8317-0786-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2006-07-08.
- ↑ Harris, R. B.; Wang, Z. H.; Zhou, J. K.; Liu, Q. X. (2008). "Notes on biology of the Tibetan fox (Vulpes ferrilata)" (PDF). Canid News 11: 1–7.
- ↑ Heptner, V. G.; Naumov, N. P. (1998) [1967]. "Genus Vulpes Oken, 1816". Mammals of the Soviet Union. II Part 1a, Sirenia and Carnivora (Sea cows; Wolves and Bears). Washington, D.C.: Smithsonian Institution Libraries and The National Science Foundation. pp. 385–570.
- ↑ Pocock, R. I. (1941). "Vulpes ferrilata Hodgson. The Tibetan Sand Fox". Fauna of British India: Mammals 2. Londres: Taylor and Francis. pp. 140–146.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vulpes ferrilata |
