Vsevolod III
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1154 (Gregoriano) Dmitrov (pt) |
Morte | 12 de abril de 1212 (Gregoriano) (57/58 anos) Vladimir |
Lugar de sepultura | Vladimir |
Gran Duque de Vladimir | |
1176 – 13 de abril de 1212 | |
Gran Príncipe de Kíiv | |
febreiro de 1173 (Gregoriano) – 24 de marzo de 1173 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Principado de Vladímir-Súzdal |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Knez |
Familia | Dinastía Rurícovich |
Cónxuxe | Lyubava Vasilkavna (1207 (Gregoriano)–) Maria Shvarnovna |
Fillos | Constantino de Rostov (pt) () Maria Shvarnovna (en) Vladimir Vsevolodovich (en) () Maria Shvarnovna (en) Ivan Vsevolodovich (en) () Maria Shvarnovna (en) Sviatoslav IV of Vladimir (en) () Maria Shvarnovna (en) Yuri II de Vladimir (pt) () Maria Shvarnovna (en) Jaroslau II de Vladimir (pt) () Maria Shvarnovna (en) Verhuslava Vsevolodovna (en) () |
Pai | Jorge I da Rússia (pt) |
Irmáns | Rostislav Yuryevich (en) , Andrei Bogoliubski (pt) , Gleb of Kiev (en) e Miguel I de Vladimir (pt) |
Vsevolod Iúrievich (en ruso: Все́волод Ю́рьевич e en ucraíno: Всеволод Юрійович), chamado Vsevolod III Vladimirski, Vsevolod (ou Vsévold) III, e máis coñecido como Vsévolov o Gran Niño (en ruso Все́волод III Ю́рьевич Большо́е Гнездо́), nado contra 1154 en Dmitrov e finado o 15 de abril de 1212, foi un príncipe da dinastía Ruríkida que gobernou a Rus de Kíiv en 1173 e o Principado de Vladímir (ou de Vladímir-Súzdal) entre 1177 e a súa morte. Durante o seu reinado o principado acadou o cumio do seu poder.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Iuri Dolgoruki[1] e da súa segunda esposa, Helena, unha princesa grega. Á morte de Iuri, o seu sucesor André I, a quen non lle gustaba Helena, a nai de Vsévolod (que era medio irmán de André), logrou que o emperador bizantino Manuel I Comneno acollera a catro dos seus irmáns, condenado así ao exilio a Vsévolod, Miguel, David e Iaropolk a á súa nai.[2]
Vsévolov foi, polo tanto, educado na corte dos comneno. Volveu á Rus' en 1170, despois de facer as paces co seu irmán André 1169 (el e outros príncipes axudaran a André no saqueo da cidade de Kíiv ese mesmo ano). Ao seu regreso, sería arrestado, segundo as crónicas en Tiflis, onde se runiu co rei Xurxo (quizais Xurxo III) e casou cunha princesa de Osetia, María Shvarnóvna (muller moi piadosa que fundou numerosos conventos. en 1173 ocupou brevemente o trono da Rus de Kíiv.
Elixido Gran Príncipe de Kíiv en 1173, sucedendo ao seu irmán Miguel I, preocupouse pouco da cidade e abandonouna, ocupándose en recuperar as terras de Vladímir en contra do usurpador Iaropolk de Vladímir, a quen sucede despois da súa morte como "Gran Príncipe", en 1177 (converteuse no primeiro en levar o título de Gran príncipe de Vladímir, como sinal de ruptura co Gran Principado de Kíiv).
En 1195, recibiu varias cidades do seu primo Rúrik II de Kíiv a cambio de diñeiro e algúns dominios. Entre estas cidades, doou Torchesk ao seu xenro, Rostislav Ruríkovich (era o esposo da súa filla Vseslava), o irmán de Rúrik, o cal desatou unha nova guerra civil entre Rúrik II e Román Mstislávich, Román o Grande, Príncipe de Nóvgorod, Príncipe de Volinia e Príncipe de Galicia.[3] (Este Román o Grande foi o que inaugurou a dinastía Romanov).
Sucedeu ao seu irmán Miguel como soberano de Vladímir-Súzdal, continuando a extensión das terras de Vladímir durante o seu reinado, conseguiu dominar os pobos veciños como os búlgaros do Volga, fundou a cidade de Gleden, así como o seu mosteiro da Trindade, e conseguiu administrar e protexer os Principados veciños. Foi coñecido por ser implacábel cos que se lle resistían ou desobedecían: en 1178 incendiou Volokolamsk e, en 1180 e 1187, castigou aos príncipes de Riazán afastándoos das súas terras; finalmente, en 1207, queimou as cidades de Riazán e Belgorod.
Morreu o 14 de abril de 1212 en Vladímir, e está enterrado na Catedral da Dormición desa cidade.
Familia
[editar | editar a fonte]Unións e descendencia
[editar | editar a fonte]Debe o sobrenome o Gran Niño aos catorce fillos que tivo da súa unión coa princesa María Shvarnovna de Osetia (morta o 19 de marzo de 1206, entre eles:
- Sbislava Vsevolodovna (nada o 26 de outubro de 1178.
- Vseslava Vsevolodovna, que casou con Rostislav Iaroslávich, príncipe de Snov.
- Verchoslava Vsevolodovna, que casou con Rostislav II, Kíiv.
- Konstantín Vladimirski (18 de maio de 1186 – 2 de febreiro de 1218), príncipe de Rostov en 1212, e despois príncipe de Vladímir-Súzdal.
- Borís (1188-1238).
- Gleb (morto xove o 29 de setembro de 1189).
- Iuri II Vladimirski (1189 - 4 de marzo de 1238), príncipe de Vladímir-Súzdal.
- Iaroslav II Vladimirski (8 de febreiro de 1191 – 30 de setembro de 1246), príncipe de Vladímir-Súzdal.
- Helena Vsevolodovna (morta en 1204).
- Vladímir (25 de outubro de 1194 - 6 de xaneiro de 1229), príncipe de Pereiaslavl en 1218.
- Sviatoslav IV Vladimirski (27 de marzo de 1196 - 3 de febreiro de 1252}, Gran Príncipe de Vladímir-Súzdal.
- Iván (28 de xullo de 1198 - contra 1247), príncipe de Starub en 1238.
- Pelaxua Vsevolodovna.
- Ana Vsevolodovna (morta en 1239), que casou con Vladímir, príncipe de Belgorod.
Despois da morte de María de Osetia, casou en segundas nupcias con Liubov Vasilkovna, filla de Vasilko Briacheslávich (príncipe de Vitebsk), coa cal non tivo fillos.
Antepasados
[editar | editar a fonte]16. Iaroslav o Sabio | ||||||||||||||||
8. Vsévolod I de Kíiv | ||||||||||||||||
17. Ingigerd de Suecia | ||||||||||||||||
4. Vladímir II Monómaco | ||||||||||||||||
18. Constantino IX | ||||||||||||||||
9. Anastasia de Bizancio | ||||||||||||||||
19. Pulqueria Skléraina | ||||||||||||||||
2. Iuri Dolgorouki | ||||||||||||||||
5. Eufimia | ||||||||||||||||
1. Miguel I Iúrievich | ||||||||||||||||
3. Helena | ||||||||||||||||
Predecesor: Román I |
Gran Príncipe da Rus de Kíiv | Sucesor: Rúrik |
Predecesor: Iuri II |
Principado de Vladímir-Súzdal 1176 – 1212 |
Sucesor: Rúrik |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Que fundou a cidade de Dmitrov para conmemorar o lugar de nacemento do seu fillo Vsévolod.
- ↑ Segundo o historiador ruso Nikolai Karamzín.
- ↑ Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fennell, John (1983): The Crisis of Medieval Russia, 1200–1304. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). Londres: Longman. ISBN 0-582-48150-3.
- Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). Londres: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
- Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
- Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven e Londres: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.