Vostok (nave espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maqueta dunha Vostok.

Vostok, ou Vostok 3K, foi o nome da primeira nave espacial orbital tripulada. Foi desenvolvida pola Unión Soviética e máis tarde daría lugar ás naves Voskhod para logo usarse como base para os satélites de recoñecemento Zenit e para os satélites científicos Bion, que seguiron usándose durante o século XXI.[1][2]

A cápsula Vostok tiña espazo para un cosmonauta co seu traxe espacial e o asento exector usado en caso dun lanzamento abortado. A nave dispoñía de dúas ventás: unha sobre a cabeza do cosmonauta e outra aos seus pés co sistema óptico Vzor para controlar a orientación da cápsula. O control de actitude tiña lugar mediante propulsores de gas frío e o control durante a reentrada atmosférica era pasivo, pola forma da propia cápsula (unha esfera cun peso nun dos seus polos). O descenso freábase cun só paracaídass, e a determinada altitude o cosmonauta exectábase para aterrar co seu propio paracaídas.[2][1]

A nave non tiña propulsión para facer cambios orbitais, e á parte dos propulsores de gas frío para o control da orientación, levaba un único motor principal usado para deorbitar a nave e iniciar a reentrada atmosférica, que se producía a elevadas aceleracións para o cosmonauta (ata 8 G) por tratarse de reentradas pasivas.[2][1]

A instrumentación era moi básica, sen xiroscopios e co sistema automático sendo capaz de aliñar o eixo da nave unicamente co Sol, o que implicaba que o acendido da reentrada podía facerse unicamente dúas veces por día, cando a orientación solar coincidía co punto da órbita na que a reentrada levaría á cápsula a territorio soviético. Unha reentrada de emerxencia era posible a elección do cosmonauta, que podía predicir con certo grao de erro onde aterraría en calquera momento da reentrada elixida.[2][1]

Características[editar | editar a fonte]

Cápsula de descenso[editar | editar a fonte]

  • Diámetro: 2,3 m
  • Masa: 2,46 t

Módulo de servizo[editar | editar a fonte]

  • Cono de 2,25 m de alto por 2,43 m de base
  • Masa: 2,27 t

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-3K" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Mark Wade (2017). "Vostok" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2018.