Saltar ao contido

Vormsi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaVormsi
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte dearquipélago Moonsund Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVormsi, Estonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 59°00′N 23°15′L / 59, 23.25
Bañado pormar Báltico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións10,7 (ancho) × 16,2 (lonxitude) km
Superficie91 km² Editar o valor en Wikidata
Vídeo con dron de Vormsi e da aldea de Sviby.

Vormsi é a cuarta illa máis grande de Estonia. Está situada entre Hiiumaa e a península de Noarootsi, no continente, da cal está separada uns 3 km polo estreito de Voosi. A súa superficie é de 92 quilómetros cadrados. É tamén un municipio do condado de Lääne.

Durante o verán, o porto de Sviby está comunicado mediante un transbordador, que percorre dúas veces ao día os 12 km que separan a illa da cidade de Haapsalu, no continente.

Localidades

[editar | editar a fonte]

As localidades da illa, coa súa poboación no ano 2011, son:

Xa no século XIII a illa estaba habitada. Durante a maior parte da súa historia estivo ocupada por suecos de Estonia, coñecidos en estoniano como rannarootslased, termo que se pode traducir como «suecos costeiros». A illa chegou a acadar os 3 000 habitantes antes da segunda guerra mundial. Durante a guerra, case toda a poboación de Vormsi foi evacuada cara a Suecia, xunto con outros suecos que vivían en Estonia. Actualmente, a illa está habitada por arredor de 350 persoas.

O nome Vormsi é un derivado do nome sueco Ormsö, ou do alemán Worms, que significa «illa da serpe». A influencia sueca tamén pode atoparse noutros nomes de lugares: aldeas como Hullo, o centro administrativo; Sviby, o porto principal; Söderby, Norrby, Diby, Rälby, Borrby, Kärrslätt, Saxby, Busby, Suuremõisa, tamén chamada Magnushof, e Rumpo; e lagos como o Prästvik.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]