Voo 9646 de Cubana de Aviación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 9646 de Cubana de Aviación
Un Il-62 semellante ao do accidente
Resumo
Data  3 de setembro de 1989
Causa  erro do piloto
Lugar  A Habana
Coordenadas  Coordenadas: 23°00′43″N 82°22′48″O / 23.012, -82.38
Orixe  aeroporto José Martí
Derradeira escala  Milán-Malpensa
Destino  aeroporto de Colonia/Bonn
Finados  150
Aeronave
Tipo de aeronave Ilyushin Il-62M
Operador  Cubana de Aviación
Rexistro  CU-T1281
Pasaxeiros  115
Tripulación  11
Superviventes  0

O voo 9646 de Cubana de Aviación era un servizo chárter operado por un Ilyushin Il-62M, con rexistro CU-T1281, que se esnafrou o 3 de setembro de 1989, pouco despois de engalar do aeroporto internacional José Martí.[1]

O voo 9646 estaba operando un servizo internacional entre A Habana e Colonia, cunha escala en Milán. O accidente matou os 126 ocupantes do avión e 24 persoas en terra.

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión engalou no medio dunha forte chuvia e de refachos de vento de 48–80 km/h.[1][2] A tripulación recolleu os flaps da posición inicial de 30º a 15º, nun intento de gañar velocidade, pero esta acción reduciu a habilidade do avión de proporcionar sustentación.[3] O aparello trepou ata os 53 metros (174 pés), onde foi golpeado por unha corrente descendente que causou que chocase contra o final da pista, golpeando despois unhas instalacións de navegación e un pequeno outeiro antes de esnafrarse nunha área residencial, ao redor dun minuto despois da engalaxe.[1][3] As 126 persoas a bordo, 115 pasaxeiros e 11 tripulantes, morreron no accidente.[2][4] Ademais 24 persoas en terra tamén morreron.[1]

Causa[editar | editar a fonte]

Os investigadores atribuíron o accidente do voo 9646 á decisión dos pilotos de voar despois dunha deterioración considerable das condicións meteorolóxicas. O piloto subestimou os riscos de engalar e xulgou mal o rendemento do avión en mal tempo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Ilyushin Il-62M CU-T1281 Havana-José Martí International Airport (HAV)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-20. 
  2. 2,0 2,1 "Il-62 crashes". Flight International. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 2018-12-20. 
  3. 3,0 3,1 "Cubana Il-62 crash report cites pilot error as cause". Flight International. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 2018-12-20. 
  4. "Jet With 54 on Board Missing in Brazil : Disappears Over Amazon; Toll in Cuban Crash May Reach 150 - latimes". web.archive.org. 2015-03-22. Archived from the original on 22 de marzo de 2015. Consultado o 2018-12-20. 
  5. Gero, David (1996). Aviation Disasters Second Edition. Patrick Stephens Limited. p. 212