Voo 603 de Aeroperú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Voo 603 de Aeroperú
Aeroperú Boeing 757-200 N52AW MIA 1996-1-8.png
O avión do accidente en 1996
Resumo
Data  2 de outubro de 1996
Causa  erro de mantemento
Lugar  Océano Pacífico
Coordenadas  12°02′S 77°30′O / -12.033, -77.500Coordenadas: 12°02′S 77°30′O / -12.033, -77.500
Orixe  aeroporto de Miami
Derradeira escala  aeroporto Jorge Chávez
Destino  aeroporto Comodoro Arturo
Merino Benítez
Finados  70
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 757-23A
Operador  Aeroperú
Rexistro  N52AW
Pasaxeiros  61
Tripulación  9
Superviventes  0

O voo 603 de Aeroperú era un voo regular entre o aeroporto de Miami e o aeroporto Comodoro Arturo Merino Benítez en Santiago de Chile, cunha escala no aeroporto Jorge Chávez de Lima. O 2 de outubro de 1996 o Boeing 757-200 que operaba o voo esnafrouse no océano Pacífico mentres realizaba a derradeira parte da ruta morrendo os 70 ocupantes do avión.

Debido a que un traballador de mantemento non puidera retirar a cinta que cubría os portos estáticos, o ordenador de datos do aire foi incapaz de informar da velocidade do aire e altitude. Os pilotos esforzáronse para voar o avión pero que descoñecían a verdadeira altura e non usaron de forma efectiva os medios alternativos dos que dispoñían.

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello, un Boeing 757-23A, fora entregado novo o día 2 de decembro de 1992 a Ansett Worldwide. O avión foi arrendado a Aeroméxico o 27 de setembro de 1993 e despois subarrendado a Aeroperú o 1 de abril de 1994. O contrato de arrendamento transferíuse novamente a Ansett en febreiro de 1995 e Aeroperú continuou operando o aparello ata o accidente.[1]

Accidente[editar | editar a fonte]

O 1 de outubro de 1996 o voo 603 de Aeroperú procedente de Miami aterrou no aeroporto Jorge Chávez de Lima. 180 pasaxeiros viaxaban na primeira parte da ruta nun Boeing 757. 119 desembarcaron e o resto foron transferidos a outro 757 despois de comprobacións de mantemento.

Xusto despois da medianoite no 2 de outubro, pouco despois da engalaxe, a tripulación do avión descobreu que os seus instrumentos básicos se comportaban erraticamente e daban mensaxes de emerxencia en serie contraditorias ao ordenador de voo. A tripulación declarou emerxencia e solicitou regresar inmediatamente ao aeroporto.[2]

Fronte á falta de lecturas básicas de instrumentos de voo fiables, avisos constantes contradictorios do ordenador de voo do avión (algúns correctos e outros non) e a crenza de que estaban a unha altura segura, o capitán de 58 anos Eric Schreiber Ladrón de Guevara, un piloto veterano que tiña máis de 22 000,[3] e o primeiro oficial de 42 David Fernández Revoredo, con case 8 000 horas,[3] decidiron comezar a descender para aproximarse ao aeroporto. Como o voo era de noite e sobre a auga, non había referencias visuais que lle dixesen aos pilotos a súa altitude real ou que axudasen ao seu descenso. Como consecuencia da incapacidade dos pilotos de controlar co precisión a velocidade do avión, experimentaron múltiples entradas en perda que resultaron nunha rápida perda de altitude sen que o altímetro o indicase. Mentres que o altímetro indicaba unha altura duns 9 700 pés, a añtura real do avión era moito máis baixa.[2]

O controlador de tráfico aéreo instruíra a un Boeing 707 a aterrar e axudou a guiar o 757 de volta a terra, pero antes de que o 707 puidese facelo, a punta da á esquerda do 757 chocou contra a auga, aproximadamente 25 minutos despois de declarar a emerxencia. No momento no que se decataron de que estaban demasiado baixo era moi tarde; os pilotos loitaron cos controis de voo do avión e conseguiron levalo ao aire novamente durante 17 segundos, pero o aparello esnafrouse invertido contra a auga. Os 70 ocupantes do avión morreron. O informe oficial do accidente concluíu que a tripulación de voo, distraída polos avisos, non prestou atención ao altímetro do radar despois de baixar dos 2 500 pés de altura.

Tras o accidente os equipos de recuperación atoparon nove corpos flotando; o demais corpos afundíronse coa aeronave.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "N52AW Aeroperú Boeing 757-200". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2018-12-15. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Flying Blind". Mayday. 
  3. 3,0 3,1 "Informe do accidente" (PDF). Dirección Xeral de Transporte Aéreo. Consultado o 2018-12-07.