Saltar ao contido

Voo 583 de China Eastern Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 583 de China Eastern Airlines
O avión accidentado en 1995
Resumo
Data  6 de abril de 1993
Causa  erro do piloto
Lugar  preto das illas Aleutianas
Coordenadas  Coordenadas: 30°N 172°L / 30, 172
Orixe  Shanghai-Hongqiao
Destino  aeroporto dos Ánxeles
Finados  2
Feridos  156
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas MD-11
Operador  China Eastern Airlines
Rexistro  B-2171
Pasaxeiros  235
Tripulación  20
Superviventes  253

O voo 583 de China Eastern Airlines era un servizo dende o aeroporto de Shanghai-Hongqiao ata o aeroporto dos Ánxeles. O día 6 de abril de 1993 o McDonnell Douglas MD-11 que operaba a ruta atopábase a altura de cruceiro sobre o océano Pacífico a Mach 0.84 cando un tripulante despregou accidentalmente os slats preto das illas Aleutianas. O avión entón atopouse con graves oscilacións[1] e fixo unha aterraxe de emerxencia na base aérea de Shemya, nas illas Semichi, Alasca.

Dos 255 pasaxeiros e tripulantes 60 foron hospitalizados. Dous deles finalmente morreron no hospital.[2] Da tripulación de voo, 5 saíron ilesos e 3 resultaron feridos graves. Dos asistentes de voo, 8 resultaron ilesos e 4 tiveron feridas graves. Dos pasaxeiros superviventes, 84 non resultaron feridos, 96 tiveron feridas leves e 53 graves.[3] O 24 de abril de 1993 todos os pasaxeiros agás tres xa foran dados de alta.[2]

A novela de Michael Crichton Airframe iníciase cun accidente baseado no voo 583.[4]

O avión, co rexistro N951AR, no presente serve como cargueiro para a compañía de Miami Sky Lease Cargo.[5]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas MD-11 B-2171 Shemya, AK". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-24. 
  2. 2,0 2,1 "Hospitals see China paying bills". Anchorage Daily News. Consultado o 2019-01-24. 
  3. "Informe final" (PDF). NTSB. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2012. Consultado o 2019-1-24. 
  4. "The McDonnell Douglas MD-11 Accident History". www.airlinesafety.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2018. Consultado o 2019-01-24. 
  5. "N951AR Sky Lease Cargo McDonnell Douglas MD-11". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2019-01-24.