Voo 507 de Kenya Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Voo 507 de Kenya Airways
Kenya Airways Boeing 737-800 5Y-KYA JNB Jan 2007.png
O avión do accidente en 2007
Resumo
Data  5 de maio de 2007
Causa  erro do piloto
Lugar  Mbanga Pongo
Coordenadas  3°57′21″N 9°45′03″L / 3.955700, 9.750900Coordenadas: 3°57′21″N 9°45′03″L / 3.955700, 9.750900
Orixe  aeroporto Port Bouët
Derradeira escala  aeroporto de Douala
Destino  aeroporto Jomo Kenyatta
Finados  114
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-800
Operador  Kenya Airways
Rexistro  5Y-KYA
Pasaxeiros  108
Tripulación  6
Superviventes  0

O voo 507 de Kenya Airways era un servizo regular de pasaxeiros entre Abidjan e Nairobi cunha escala en Douala, operado por un Boeing 737-800, que se esnafrou na estapa inicial da súa segunda parte o día 5 de maio de 2007, xusto despois de engalar do aeroporto de Douala en Camerún.[1][2][3]

O aparello quedou esnaquizado en pequenas partes e gran parte del quedou mergullado nun mangleiro, a 5,4 quilómetros ao sur do final da pista 12 do aeroporto de Douala.[4][5] Non houbo superviventes.[4][6][7] A investigación realizada pola Autoridade de Aviación Civil de Camerún determinou que os pilotos fallaron en decatarse e corrixir a excesiva inclinación tras a engalaxe. Isto levou á perda de control e ao accidente do avión.[8]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello involucrado no accidente, con rexistro 5Y-KYA e número de serie 35069, era un Boeing 737-8AL equipado con dous motores CFMI CFM56-7B26. O avión voou por vez primeira o 9 de outubro de 2006, e foi entregado a Kenya Airways o 27 de outubro. A aeronave tiña seis meses de idade no momento do accidente.[9][10] Era un dos tres Boeing 737-800 que a aeroliña adquirira recentemente de Singapore Aircraft Leasing Enterprise.[4][11]

Pasaxeiros e tripulación[editar | editar a fonte]

Kenya Airways revelou unha lista de pasaxeiros que indicaba que os 105 pasaxeiros a bordo eran cidadáns de 26 países diferentes. 17 pasaxeiros embarcaran en Abidjan, mentres que o resto o fixera en Douala.[4][12]

Os seus membros da tripulación eran todos de Kenya. Entre os pasaxeiros había tamén un enxeñeiro de acompañamento e un asistente de voo que viaxaba gratis.[13]

O piloto ao mando era o capitán de 52 anos Francis Wamwea Mbatia, que tiña unhas 8 500 horas de voo en reactores, e o copiloto era o primeiro oficial de 23 anos Andrew Kiuru.[14]

Entre os pasaxeiros a bordo atopábase Anthony Mitchell, un xornalista de Associated Press baseado en Kenya.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Descrición do accidente". Aviation Safety Network. Consultado o 2018-12-16. 
  2. "Accidents/incidents for 2007". Flight International. Consultado o 2018-12-16. 
  3. "Passenger Jet Disappears Over Cameroom". The Washington Post. Consultado o 2018-12-16. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Investigators trawl swamps for clues on Kenya 737 crash - 5/15/2007 - Flight Global". web.archive.org. 2014-06-16. Consultado o 2018-12-16. 
  5. "Grim Work Continues at Plane Crash Site". The Washington Post. Consultado o 2018-12-16. 
  6. "Aucun survivant dans le crash de l'appareil de Kenya Airways". archive.is. 2012-08-04. Consultado o 2018-12-16. 
  7. "Reuters AlertNet - No chance of survivors from Kenya plane - Cameroon". web.archive.org. 2007-05-09. Consultado o 2018-12-16. 
  8. "Kenya 737 crash: Poor airmanship led to disorientation". Flight International. Consultado o 2018-12-16. 
  9. "Kenya Airways Boeing 737 black box found - 5/8/2007 - Flight Global". web.archive.org. 2014-06-16. Consultado o 2018-12-20. 
  10. "Kenya Airways Boeing 737 crashes in Cameroon - 5/5/2007 - Flight Global". web.archive.org. 2014-06-17. Consultado o 2018-12-20. 
  11. "Plane was one of KQ's newly acquired crafts". Sunday Times. Consultado o 2018-12-20. 
  12. "Lista de pasaxeiros". Kenya Airways. Consultado o 2019-1-19. 
  13. "Informe oficial" (PDF). CCAA. Consultado o 2019-1-19. 
  14. "Reconstructing Flight 507's final moments". The Telegraph. Consultado o 2019-1-19. 
  15. "Missing Britons named as plane's wreckage is found in Cameroon jungle". The Guardian. Consultado o 2019-1-19.