Voo 471 de UTair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 471 de UTair
O avión semanas antes do accidente
Resumo
Data  17 de marzo de 2007
Causa  fallo estrutural
Lugar  Samara-Kurumoch
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Surgut
Derradeira escala  Samara-Kurumoch
Destino  aeroporto de Belgorod
Finados  6
Feridos  20
Aeronave
Tipo de aeronave Tupolev Tu-134
Operador  UTair
Rexistro  RA-65021
Pasaxeiros  50
Tripulación  7
Superviventes  51

O voo 471 de UTair era un servizo regular doméstico de pasaxeiros operado por un Tupolev Tu-134 que sufriu forte dano estrutural durante unha aterraxe dura o día 17 de marzo de 2007 no aeroporto de Samara-Kurumoch. Dos 50 pasaxeiros e 7 tripulantes a bordo, 6 persoas morreron e 20 resultaron feridas cando o avión rompeu.[1][2] O avión realizaba unha ruta entre a cidade siberiana de Surgut e Belgorod, cunha escala en Samara.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Seven die in Russian air crash" (en inglés). 2007-03-17. Consultado o 2019-01-19. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Tupolev Tu-134A-3 RA-65021 Samara Airport (KUF)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-19.