Voo 427 de USAir
Voo 427 de USAir | |
---|---|
N513AU, O Boeing 737-3B7 envolvido 3 anos antes do acidente
| |
Resumo | |
Data | 8 de setembro de 1994 |
Causa | bloqueo do temón |
Lugar | Hopewell Township |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto O'Hare |
Destino | aeroporto de Pittsburgh |
Finados | 132 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 737-3B7 |
Operador | USAir |
Rexistro | N513AU |
Pasaxeiros | 127 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 0 |
O voo 427 de USAir era un servizo regular entre o aeroporto O'Hare de Chicago e o aeroporto de Pittsburgh, con destino final en West Palm Beach, Florida. O xoves 8 de setembro de 1994 o Boeing 737 que operaba a ruta esnafrouse mentres se aproximaba á pista 28R do aeroporto de Pittsburgh, que na época era o maior centro de conexións de USAir.
Despois da investigación máis longa na historia da Xunta Nacional de Seguridade no Transporte (NTSB), determinouse que a causa probable foi o mal funcionamento do temón do avión que se bloqueou na dirección oposta ao ordenado polos pilotos, causando que o aparello entrase nunha perda aerodinámica que os pilotos foron incapaces de recuperar. As 132 persoas a bordo do avión morreron.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello implicado era un Boeing 737-3B7 con rexistro N513AU, e anteriormente rexistrado N382AU. O avión fora entregado en 1987 e estaba equipado con dou motores CFM56-3B2. Tiña acumuladas unhas 16 800 horas de voo no momento do accidente.[1]
Tripulación
[editar | editar a fonte]A tripulación de voo estaba formada polo capitán Peter Germano, de 45 anos, que fora contratado por USAir en febreiro de 1981, e polo primeiro oficial Charles B. "Chuck" Emmett III, de 38, contratado en febreiro de 1987 por Piedmont Airlines (que se fusionou con USAir en 1989). Ámbolos dous eran considerados excelentes pilotos e tiñan moita experiencia: o capitán Germano acumulaba unhas 12 000 horas de voo, mentres que o primeiro oficial Emmett tiña unhas 9 000 horas. Os asistentes de voo Stanley Canty e April Slater foran contratados en 1989 por Piedmont Airlines. A asistente Sarah Slocum-Hamley fora contratada en outubro de 1988 por USAir.[1]
Accidente
[editar | editar a fonte]Durante a súa chegada a Pittsburgh o voo 427 foi situado tras o voo 1083 de Delta Air Lines, un Boeing 727-200. En ningún momento o voo 427 estivo a menos de 4,1 millas do Delta segundo os datos do radar.[1] O voo 427 estaba na aproximación a 6 000 pés de altura, coa configuración 1 dos flaps e voando a unha velocidade duns 190 nós.
Ás 7:02:57 p.m. o avión entrou nunha turbulencia de estela do 727 de Delta, e houbo tres golpes de súpeto, e posteriormente un golpe máis forte, despois do cal o 737 comezou a inclinarse cara a esquerda.[1] Cando o avión entrou en perda Germano exclamou "aguanta" varias veces, mentres Emmett, baixo o esforzo físico, dixo, "oh merda".[1] Germano exclamou, "que demos é isto?"[1] Cando o control de tráfico aéreo se decatou de que o voo 427 descendía sen permiso, Germano activou o micrófono e dixo, "427, emerxencia!"[1] O micrófono quedou activado durante o resto do evento e as seguintes exclamacións na cabina de mando puideron escoitarse na torre de Pittsburgh. O avión continuou xirando mentres o nariz se inclinaba cara a abaixo, momento no cal aumentaron briscamente as forzas g. Germano berrou "tira" tres veces consecutivas antes de gritar, cando Emmett dixo "Deus, non" segundos antes do impacto. Co nariz cara a abaixo uns 80º e inclinada cara a esquerda 60º voando a unha velocidade duns 480 km/h, o 737 golpeou contra o chan e estoupou ás 7:03:25 p.m. en Hopewell Township, no condado de Beaver,[2] preto de Aliquippa uns 28 segundos despois de entrar na turbulencia de estela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Informe do accidente" (PDF). NTSB. Consultado o 2018-12-28.
- ↑ "28 seconds of horror" (PDF). Pittsburgh Tribune-Review. Archived from the original on 10 de marzo de 2005. Consultado o 2018-12-29.